George Harrison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Harrison
George Harrison 1974.jpg
George Harrison
Nome completo George Harrison[1]
Alias Carl Harrison
L'Angelo Misterioso
Hari Georgeson
Nelson/Spike Wilbury
George Harrysong
George O'Hara-Smith
Naceu 25 de febreiro de 1943
Orixe Liverpool, Inglaterra, Reino Unido Reino Unido
Morreu 29 de novembro de 2001 (58 anos)
Os Ánxeles, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Ocupación (s) Cantante, compositor, músico, produtor musical e produtor cinematográfico
Xénero Rock, soft rock, música de india, pop rock, blues rock
Instrumento(s) Baixo, guitarra, voz, ukelele, mandolina, sitar, piano, tambura, moog modular, batería, claves, teclado, harmónica
Tipo de voz Contralto
Selo(s) discográfico (s) Parlophone, Capitol, Apple, EMI, Dark Horse
Relacionado con The Quarrymen
The Beatles
John Lennon
Paul McCartney
Ringo Starr
The Traveling Wilburys
Eric Clapton
Jeff Lynne
Roy Orbison
Tom Petty
Bob Dylan
Tempo en activo 1958–2001
Na rede
GeorgeHarrison.com

George Harrison, MBE nado o 25 de febreiro de 1943 en Liverpool (Reino Unido) e finado o 29 de novembro de 2001 nos Ánxeles (Estados Unidos) foi un músico, compositor, cantante, produtor musical e produtor cinematográfico británico, e o integrante máis xove da lendaria banda The Beatles.

Fillo dunha familia de clase media de Liverpool, foi un amigo da infancia de Paul McCartney, quen o propuxo a principios de 1958 a John Lennon, para que integrase a súa formación, The Quarrymen. Os tres, formarían o grupo central que se convertería en The Beatles en 1960, e despois coa chegada de Ringo Starr en 1963 nun dos eventos máis importantes na historia da música popular do século XX.

A influencia de Harrison na música dos Beatles foi crecendo cos anos. Foi ante todo o guitarrista líder, e un dos tres vocalistas dun grupo que se mantivo firme pola calidade das súas harmonías vocais. Foi a partir de 1965 cando el introduciu a espiritualidade, a música e os instrumentos da India no universo da musical dos Fab Four.[2] Para rematar, compuxo algunhas das súas cancións máis fermosas dos últimos anos, como While My Guitar Gently Weeps, Something e Here Comes the Sun. Tamén é un dos pioneiros no uso de sintetizador no rock. A medida que o seu talento como compositor aumenta, di que a súa frustración de permanecer na sombra do tándem Lennon / McCartney crece. Isto faino participar nas disensións que levaron á separación dos Beatles en 1970.

Tras a disolución do grupo en 1970 Harrison gozou dun gran éxito artístico e comercial no inicio da súa carreira en solitario, co seu álbum triplo All Things Must Pass e a canción My Sweet Lord. En 1971 organizou o Concerto para Bangladesh, que foi o primeiro concerto benéfico na historia do rock. Así mesmo, desenvolveu unha carreira de produtor cinematográfico, creando en 1978, xunto a Denis O'Brien, a compañía Handmade Films para producir nun principio o filme Monty Python's Life of Brian (no que fai unha breve aparición), dos Monty Python, ainda que máis tarde deu cabida, como actores, a xente da talla de Madonna (Shanghai Surprise). Antes de crear con Roy Orbison, Tom Petty, Jeff Lynne e Bob Dylan ( el ocultouse tras os pseudónimos de Nelson Wilbury e Spike Wilbury.) en 1988 o supergrupo Traveling Wilburys, sufre os primeiros altibaixos na súa carreira en solitario. Esta formación produciu dous álbums.

Caso dúas veces: primeiro casou con Pattie Boyd de 1966 a 1977, despois en 1978 casou con Olivia Harrison, con quen tivo un fillo, Dhani. As súas aparicións son pouco frecuentes na década de 1990, durante a que participou no proxecto Anthology dos Beatles e traballou ocasionalmente nun álbum hipotético (Brainwashed), que finalmente foi terminado e publicado logo da súa morte. En 1997 diagnosticóuselle un cancro de pulmón, logo dun intento de asasinato que sufriu en 1999 e debilitado polo cáncer morre o 29 de novembro 2001.

En 2003 a revista Rolling Stone puxo a George Harrison no posto número 11 na lista dos 100 guitarristas máis grandes de todos os tempos.[3] Máis de dez anos logo da súa morte, segue sendo considerado polo público como un dos máis grandes artistas do seu tempo.


Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e adolescencia (1943–1958)[editar | editar a fonte]

Mocidade e situación familiar[editar | editar a fonte]

O 12 de Arnold Grove, a residencia de George Harrison durante os primeiros seis anos da súa vida.

George Harrison naceu o 25 de febreiro de 1943 [c 1][4] en Liverpool, no 12 de Arnold Grove, (onde vivira os seus primeiros seis anos de vida) no seo dunha familia católica[4] foi o último dos catro fillos de Harold Hargreaves Harrison e a súa esposa Louise (de solteira French).[5] Tivo unha irmá maior, nada en 1931, chamada Louise (como a súa nai) e dous irmáns, Harry e Peter, nados en 1934 e 1940 respectivamente. A súa nai, Louise, traballaba nunha tenda de Liverpool e seu pai, Harold,, era un condutor de ómnibus que, anteriormente, traballara como dispensário de barcos na White Star Line. Posuía raíces irlandesas, xa que o seu avó materno, John French, nacera no Condado de Wexford, en Irlanda, e emigrara cara Liverpool, onde se casou cunha moza local, de nome Louise Woollam.[6]

Harrison naceu na casa onde vivira os seis primeiros anos da súa vida, no número 12 de Arnold Grove, situada en Wavertree (Liverpool). En 1950, foilles concedida unha council house (vivenda social)[7] que foi ofrecida á familia, que se mudou para o número 25 da Upton Green, en Speke.[8]. A súa primeira escola foi a Escola Primaria de Dovedale, bastante próxima da de Penny Lane[9] a escola onde estudava o seu futuro socio John Lennon.[10] A súa educación comezou cun ano de atraso por mor das grandes cantidades de alumnos que se matriculaban nas escolas locais logo dun aumento na taxa de natalidade, isto tamén explica porque el foi educado nunha escola lonxe da súa casa[c 2].Tamén fai a comuñón, pero decide non facer a confirmación, asistindo pouco á realización do culto litúrxico[11]. Ata ten o costume de correr a esconderse cando o sacerdote local vai visitar á súa familia[c 3]. Aínda que a área de Speke é un área difícil na que "houbo algunhas familias moi problematicas", Harrison considera ter unha infancia feliz.[11]

Aprobou o exame coñecido como 11-plus[c 4]. e logrou unha praza no Liverpool Institute for Boys (edificio que hoxe alberga o Liverpool Institute for Performing Arts ), ao que asistiu desde 1954 ata 1959. Este período é difícil para el (ata chega a dicir que foi a peor época da súa vida). Suspendio os seus exames finais e dixo que os poucos puntos que obtivo foi por escribir o seu nome na parte superior da folla do exame.

Primeiras experiencias musicais[editar | editar a fonte]

Cando tiña 12 anos, foi hospitalizado por unha inflamación nos riles. Foi durante estas seis semanas de convalecencia cando decidiu comprar unha guitarra a un compañeiro de clase de Dovedale, Raymond Hughes, por 3 libras con 10 chelines. Con todo, atopouse rapidamente con ela rota e sen poder usala durante algún tempo. A partir de entón, o seu pai preséntalle un amigo guitarrista que lle ensina varias horas á semana os novos sóns e cancións.[12]. Dous anos máis tarde, a economía da casa mellora e isto permítelle comprar un instrumento mellor. Mentres que en Liverpool a música skiffle está de moda, Harrison funda a banda The Rebels co seu irmán Peter e un amigo.[c 5]. Logo dunha reunión o grupo desiste de continuar.[a 1].

Nesta época coincide no autobus que os trae de regreso da escola con Paul McCartney que era nove meses mais vello que el. A atracción que senten pola música favorece o nacemento da súa amizade, e os seus concerto con The Rebels axuda a gañar en credibilidade. Entre os dous nace unha gran amizade e xuntos perfeccionan o seu tecnica musical.[a 2] Durante o verán de 1957, ambos os dous se van de xolda facendo autostop cara á costa sur coas súas guitarras.[a 3] McCartney, finalmente, trasládase a outra parte da cidade, onde se fai amigo de John Lennon, que tamén ten o seu grupo de música, The Quarrymen, grupo ao que Paul se une despois demostrar as súas capacidades musicais.[13] Harrison viu á banda por primeira vez durante un concerto o 6 de febreiro de 1958 no Wilson Hall.[14] Pouco despois, McCartney suxire à Lennon incluír a Harrison no grupo. Este último, aínda que reticente pola curta idade de Harrison, acede a escoitar unha interpretación que este fai coa súa guitarra Raunchy ao fondo dun autobús de dous pisos e queda impresionado polo seu talento. Harrison únese aos Quarrymen en febreiro de 1958 para substituír a un dos seus puntais, Eric Griffiths.[15] E finalmente imponse polo seu talento, e é o novo batería, Colin Hanton, quen ten a pouco envexable tarefa de anunciar a Griffith que os seus servizos xa non son necesarios [a 4]

Durante o verán, a banda gravou un disco nun estudo privado que contén dous temas, unha version extraída dun tema de Buddy Holly e a canción "In Spite of All the Danger" que foi escrita por McCartney e Harrison, sendo esta a única que lles acredita xuntos como autores dun mesmo tema.[16]

Dun debut discreto ao exito nos Beatles (1958 a 1966)[editar | editar a fonte]

Formacion e debut do groupo[editar | editar a fonte]

George Harrison, no medio de Paul McCartney e de John Lennon.

Nos dous anos que seguiron, os Quarrymen evolucionan e cambian o nome varias veces asta que finalmente se deciden polo de The Beatles. O grupo finalmente formado con John Lennon, Paul McCartney e George Harrison na guitarra, Stuart Sutcliffe no baixo e Pete Best á batería parten en agosto de 1960 para Hamburgo, despois de que Bruno Koschmider, dono de varios clubs naquela cidade, os contratara para que estiveran alí durante 48 noites. Harrison, sendo en agosto de 1960 aínda menor de idade con 17 anos, obtivo o permiso de residencia en Hamburgo ao mentir ás autoridades alemás sobre a súa verdadeira idade.[17]

A educación musical improvisada que Harrison recibiu tocando durante moitas horas co resto do grupo, así como as clases de guitarra que el tomou con Tony Sheridan, sentou as bases do son dos Beatles, e da tranquilidade de Harrison que tivo un rol máis activo dentro da banda;[18] desta forma devido á súa reputación pronto seria coñecido como "o Beatle tranquilo".[19] A primeira estancia da banda en Hamburgo foi acurtada cando Harrison foi deportado por ser demasiado novo para traballar en clubs nocturnos.[20]

En Inglaterra a banda toca no Cavern Club de Liverpool, nesta etapa adquire unha boa experiencia, antes de volver tocar en Alemaña en abril de 1961. Os Beatles son entón contratados para acompañar ao cantante Tony Sheridan no escenario e gravar con el o álbum My Bonnie, cousa que fixeron, usando o nome de The Beat Brothers.[21] Mentres tanto Harrison compon xunto con John Lennon a canción instrumental Cry for a Shadow, canción na que fai unha interpretació memorable coa súa guitarra, sendo esta a unica canción acreditada a Harrison e Lennon conxuntamente.[a 5].

Finalmente, o grupo volve a Liverpool e volve actuar no Cavern durante o outono. Nesta época coñecen a Brian Epstein, quen en decembro se converte no seu representante.[22]. O 6 de xuño de 1962, o grupo arránxase para obter unha audiencia ante o productor George Martin quen lles asinou un contrato co selo Parlophone, de EMI Records.[23]. Ese día, cando Martin lles pasa os contratos pregúntalles si hai algo que non encaixe, Harrison inmediatamente responde: "Ben, para empezar, non me gusta a túa gravata"[a 6]

Martin é seducido polo grupo, pero non lle gusta Pete Best, quen en realidade non atopaba o seu lugar entre os outros membros, que xa estaban planeando cambiar a batería. George, en particular, quen coñecia moito a Ringo Starr, fai campaña para que se una ao grupo como bateria. The Beatles sepáranse pois de Best sen anunciarlle a súa saída, e é Brian Epstein quen se encarga diso o 16 de agosto de 1962. «Non fomos moi brillantes neste caso» anotou George Harrison. Nos seguintes días, os afeccionados quéixanse deste cambio, e no Cavern Club, un espectador ponlle un ollo morado a Harrison porque defendeu ao novo membro do grupo.[a 7]

E os Beatles o 5 de outubro de 1962 gravaron o seu primeiro sinxelo, Love Me Do, seguido a principios de 1963 do seu primeiro álbum Please Please Me, que alcanzou o cume das listas británicas. Para Harrison asi como para o resto do grupo os exitos comenzan a emerxer e os concertos acumulanse.[24]

Harrison foi o primeiro dos Beatles en viaxar aos Estados Unidos co fin de visitar á súa irmá, Louise, en Benton (Illinois), en setembro de 1963, cinco meses antes da aparición do grupo en The Ed Sullivan Show.[25] Durante a visita, George visitou unha tenda de discos e comprou varios singles sen que o dono o recoñecese debido ao escaso coñecemento que tiñan os estadounidenses da música pop británica; ninguén puido venderlle un disco dos Beatles. Ao seu regreso a Inglaterra, comentou aos seus compañeiros de grupo que sería difícil colleitar o éxito en América.

McCartney, Harrison, a cantante sueca Lill-Babs e Lennon no programa de televisión sueco Drop-In, o 30 de outubro de 1963.[26]

Durante a Beatlemanía, Harrison foi caracterizado como o "Beatle tranquilo" ou o "Beatle Silencioso", debido ao seu carácter introspectivo e a súa tendencia a un segundo plano nas conferencias de prensa. Malia a imaxe de "Beatle tranquilo", a maioría de compañeiros e amigos, como Eric Ídelle, membro de Monty Python, aseguran que nas distancias curtas era moi falador e dicharacheiro, contrapoñéndose á imaxe que adoitaba ter del a prensa.[27]

Durante a primeira viaxe de The Beatles aos Estados Unidos en febreiro de 1964, Harrison recibiu un novo modelo de guitarra, o "360/12", da compañía Rickenbacker, eléctrica e con doce cordas, que comezaría a tocar en futuros álbums do grupo. Roger McGuinn, interesado no son, adoptou como modelo propio a 360/12, dando lugar ao son característico das cancións de The Byrds.

Harrison escribiu a súa primeira canción, "Don't Bother Me", durante un día de convalecencia en cama, en 1963, co fin de probar, como declararía posteriormente, "se era capaz de compoñer unha canción". Aparece publicada no álbum With the Beatles de 1963 e na súa versión americana, Meet the Beatles!, de 1964. Aínda que para o seguinte álbum do grupo, Beatles for Sale, tamén compuxera un tema, este foi descartado, esquecendo a composición ata que contribuio ao álbum Help! cos temas "I Need You" e "You Like Me Too Much".

Paul McCartney e George Harrison en 1964.

Harrison foi o cantante de todas as cancións compostas por el na súa etapa con The Beatles. Así mesmo, tamén cantou temas doutros artistas, incluíndo "Chains" e "Do You Want to Know a Secret" en Please Please Me, "Roll Over Beethoven" e "Devil In Her Heart" en With the Beatles, "I'm Happy Just to Dance With You" en A Hard Day's Night, e "Everybody's Trying To Be My Baby" en Beatles for Sale.

Un importante punto de inflexión na súa carreira musical tivo lugar durante a xira americana de 1965, na que David Crosby, de The Byrds, introduciu a Harrison na cultura india a través da música de Ravi Shankar. Moi pronto, quedou fascinado co especial son da súa música, permitindo a lenta introdución da mesma na cultura occidental. Tras comprar un sitar pouco logo de dar por finalizada a xira de 1965 foi, antes que Dave Davies, guitarrista de The Kinks, un dos primeiros músicos da cultura pop en introducir o instrumento nun álbum de estudo, na canción "Norwegian Wood (This Bird Has Flown)", do álbum Rubber Soul.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en) Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 315 p. (ISBN 0-7535-0822-2)
  2. Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2)
  3. (en) Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2)
  4. (en) Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2)
  5. Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 400 p. (ISBN 0-7535-0822-2)
  6. Bill Harry 2003, p. 1
  7. Bill Harry 2003, p. 54
  1. Aínda que algunhas fontes indican o 24, xa que en 1992 Harrison revelou que naceu minutos antes do día 25, a data do 25 de febreiro de 1943 é a data coñecida e a que aparece no certificado do seu nacemento.
  2. Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 161 p. (ISBN 0-7535-0822-2)
  3. Bill Harry, The George Harrison Encyclopedia, Virgin Books, 2003, 319 p. (ISBN 0-7535-0822-2)
  4. No Reino Unido , o 11-plus ou Eleven plus é un exame que se lle fai a algúns estudantes no seu último ano da educación primaria para a admisión aos distintos tipos de escola secundaria.
  5. (en inglés) « Lives in Brief », Times Online. 11-10-2010
Referencias
  1. «George Harrison biography». shawstar.com (en inglês). Consultado o 6-09-2012. 
  2. Apodo polo que tamén se coñecian The Beatles
  3. 100 Greatest Guitarists George Harrison (en inglés)
  4. 4,0 4,1 Harry, The Beatles' Encyclopedia, pág. 492.
  5. The Beatles (2000). Ediciones B, ed. Anthology. ISBN 84-406-9953-0. 
  6. Beatles Ireland (ed.). «Beatles Ireland — George Harrison Irish Heritage» (en inglês). Consultado o 7 de decembro de 2008. 
  7. Ingham, Rough Guide to the Beatles, pág. 328.
  8. Miles and Badman, The Beatles' Diary, pág. 7.
  9. Harrison, I Me Mine, pág. 28.
  10. Frame, Rockin' Around Britain, pág. 73.
  11. 11,0 11,1 The Beatles, The Beatles Anthology , Seuil, 2000, 367 p. ( ISBN 2-02-041880-0 )
  12. The Beatles, The Beatles Anthology, Seuil, 2000, 367 p. (ISBN 2-02-041880-0)
  13. The Beatles (trad. Philippe Paringaux), The Beatles Anthology, Seuil, 2000, 26 cm × 35 cm, relié, 367 p. (ISBN 2-02-041880-0)
  14. Spitz (2005) p125
  15. Daniel Ichbiah, Et Dieu créa les Beatles, Les Cahiers de l'info, 2009, 293 p. (ISBN 978-2-916628-50-9)
  16. Bill Harry, p. 236
  17. Schinder, Scott; Schwartz, Andy (2007). Icons of Rock: An Encyclopedia of the Legends Who Changed Music Forever (en inglés). p. 163. ISBN 978-0-313-33845-8. 
  18. Leng, Simon (2006) [2003]. While My Guitar Gently Weeps: The Music of George Harrison. SAF Publishing Ltd. ISBN 978-1-4234-0609-9.
  19. BBC News, ed. (30 novembro de 2001). «George Harrison: The quiet Beatle» (en inglés). Consultado o 12.01.2012. 
  20. Miles, Barry (2001). The Beatles Diary: Volume 1: The Beatles Years. Omnibus Press. ISBN 978-0-7119-8308-3.
  21. Daniel Ichbiah, Et Dieu créa les Beatles, Les Cahiers de l'info, 2009, 293 p. (ISBN 978-2-916628-50-9)
  22. Daniel Ichbiah 2009, p. 21
  23. Daniel Ichbiah 2009, p. 23
  24. François Plassat 2011, p. 12
  25. Lewisohn, Mark (1992). The Complete Beatles Chronicle. p. 122. 
  26. Miles, Barry (2001). The Beatles Diary—Volume 1: The Beatles Years (en inglés). p. 111. ISBN 0711983089. 
  27. Genesis Publications, ed. (2003). Concert for George. A Celebration on the life of George Harrison. ISBN 0-904351-92-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Libros en francés[editar | editar a fonte]

  • {fr} Philippe Paringaux (2000). Seuil, ed. The Beatles Anthology (26 × 35). p. 367. ISBN 2-02-041880-0. 
  • {fr} Olivia Harrison (2011). La Martinière, ed. George Harrison : living in the material world (25 X 28). prefacio de Martin Scorsese e introducción de Paul Theroux. p. 400. ISBN 978-2-7324-4871-8. 
  • {fr} Daniel Ichbiah (2009). Les Cahiers de l'info, ed. Et Dieu créa les Beatles. p. 293. ISBN 978-2-9166-2850-9. 
  • {fr} François Plassat (2011). Hugo et compagnie, ed. The Beatles discomania (29 X 29). p. 191. ISBN 2755608552. 
  • {fr} Rolling Stone (2011). Rolling Stone Hors série N°11, ed. George Harrison : la force tranquille des Beatles. 
  • Gary Tillery (2012). Le Jour, ed. George Harrison le mystique. p. 211. ISBN 978-2-89044-827-8. 
  • {fr} Steve Turner (1999). Hors Collection, ed. L'intégrale Beatles (en francés). p. 288. ISBN 2-258-06585-2. 
  • {fr} Jacques Volcouve (2002). Hors Collection, ed. George Harrison : anthologie 1943-2001. p. 438. ISBN 2-258-05894-5. 

Libros en inglés[editar | editar a fonte]

  • {en} Dale C. Allison (2007). Continuum, ed. The Love There That's Sleeping: The Art And Spirituality of George Harrison. p. 176. ISBN 978-0826419170. .
  • {en} Alan Clayson (1990). Sidgwick & Jackson, ed. The Quiet One: A Life of George Harrison (en inglés). p. 324. ISBN 0-283-99862-8.  + Réédition, broché, Sanctuary, 1997.
  • {en} Hunter Davies (1985). McGraw-Hill, ed. The Beatles (en inglés). ISBN 0-07-015526-7. Hunter Davis1985. 
  • {en} Geoffrey Giuliano (1997). Da Capo Press, ed. Dark Horse: The Life and Art of George Harrison (Revised ed.). ISBN 0-306-80747-5. 
  • {en} Joshua M. Greene. Bantam, 2006, réédition John Wiley and Sons, 2007, ed. Here Comes the Sun : The Spiritual and Musical Journey of George Harrison (en inglés). p. 304. ISBN 0-470-12780-5. Joshua M. Greene2007. 
  • {en} George, Harrison (2010). Chronicle, ed. I, Me, Mine (en inglés). p. 400. ISBN 978-0811859004. 
  • {en} Bill, Harry (2000). Virgin Books, ed. The Beatles Encyclopedia: Revised and Updated (en inglés). p. 992. ISBN 0-7535-0481-2. Bill Harry2000. 
  • {en} Bill, Harry (2003). Virgin Books, ed. The George Harrison Encyclopedia (en inglés). p. 400. ISBN 0-7535-0822-2. Bill Harry2003. 
  • Elliot J. Huntley (2004). Guernica, ed. Mystical One: George Harrison, After the Break-up of the Beatles (en inglés). p. 342. ISBN 1-55071-197-0. .
  • Chris Ingham (2003). Rough Guides, ed. The Rough Guide to the Beatles: The Story, the Song, the Solo Years (en inglés). p. 336. ISBN 1-84353-140-2. Chris Ingham2003. 
  • Ian Inglis (2010). Greenwood Press, Praeger Singer-Songwriter Collection, ed. The Words and Music of George Harrison (en inglés). p. 218. ISBN 978-0313375323. .
  • {en} Simon Leng (2002). Firefly, ed. While My Guitar Gently Weeps: The Music of George Harrison (en inglés). p. 224. Simon Leng2006. .
  • {en} Mark Lewisohn (1988). Harmony Books, ed. The Beatles Recording Sessions (en inglés). New York. p. 204. ISBN 0-517-57066-1. Mark Levisohn1988. 
  • {en} Barry Miles et Keith Badman (2001). Omnibus Press, ed. The Beatles Diary: The Beatles Years (en inglés). ISBN 0-7119-8308-9. 
  • {en} Marc Shapiro (2002). St. Martin's Press, ed. Behind Sad Eyes: The Life of George Harrison (en inglés). p. 288. ISBN 978-0312301095. .

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]