Rubber Soul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rubber Soul
Álbum de The Beatles
Publicado3 de decembro de 1965
Gravación17 de xuño, 12 de outubro - 11 de novembro de 1965
Estudio(s)EMI Studios, Londres
Duración35:50
Xénero(s)folk rock
Selo(s)Parlophone (RU), Capitol (EEUU)
Producido porGeorge Martin
Cronoloxía
Help! Rubber Soul Revolver

Rubber Soul é o sexto álbum da banda inglesa de rock The Beatles, editado o 3 de decembro de 1965 a través do selo Parlophone. Producido por George Martin, foi gravado en pouco máis de catro semanas para a campaña de Nadal. A diferenza dos cinco discos anteriores, este álbum foi gravado nun período específico e non nos ocos entre as xiras ou entre as filmacións de películas. Despois deste traballo, cada álbum da banda sería realizado sen a necesidade de prestar atención a outros compromisos, coa excepción da produción de pequenos filmes promocionais. Rubber Soul trátase dun disco de folk rock, e tamén incorpora pop e soul. O álbum foi descrito como un logro artístico importante, alcanzando un grande éxito de crítica e público.

Rubber Soul foi un éxito comercial e de crítica e adoita a ser citado como un dos mellores álbums da historia da música. No ano 2012 foi colocado no número 5 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[1].

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por John Lennon e Paul McCartney agás onde se indique. 

Cara 1
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Drive My Car"  McCartney e Lennon 2:25
2. "Norwegian Wood (This Bird Has Flown)"  Lennon 2:01
3. "You Won't See Me"  McCartney 3:18
4. "Nowhere Man"  Lennon, McCartney and George Harrison 2:40
5. "Think for Yourself" (Harrison)Harrison 2:16
6. "The Word"  Lennon, McCartney e Harrison 2:41
7. "Michelle"  McCartney 2:40
Cara 2
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "What Goes On" (Lennon–McCartney–Richard Starkey)Starr 2:47
2. "Girl"  Lennon 2:30
3. "I'm Looking Through You"  McCartney 2:23
4. "In My Life"  Lennon e McCartney 2:24
5. "Wait"  Lennon e McCartney 2:12
6. "If I Needed Someone" (Harrison)Harrison 2:20
7. "Run for Your Life"  Lennon 2:18

Notas[editar | editar a fonte]