Please Please Me

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Please Please Me
Álbum de The Beatles
Publicado22 de marzo de 1963
Gravación11 de setebro e 26 de novembro de 1962, 11 e 20 de febreiro de 1963
Estudio(s)EMI Studios, Londres
Duración32:45
Xénero(s)rock and roll, pop
Selo(s)Parlophone
Producido porGeorge Martin
Cronoloxía
- Please Please Me With the Beatles

Please Please Me é o álbum de estrea da banda inglesa de rock The Beatles, editado o 22 de marzo de 1963 no Reino Unido a través do selo Parlophone. Foi publicado ás presas para capitalizar o éxito dos sinxelos "Please Please Me" (número 1 na meirande parte das listas británicas) e "Love Me Do" (número 17).

Das catorce cancións do disco, oito foron compostas pola parella formada por John Lennon e Paul McCartney (orixinamente acreditados como "McCartney–Lennon"), a primeira evidencia do que a Rolling Stone chamou posteriormente "[a súa invención da] idea da banda de rock independente, escribindo os seus propios temas e tocando os seus propios instrumento". No ano 2012, Please Please Me foi colocado no posto 39 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por McCartney–Lennon, agás onde se indique.

Cara 1
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "I Saw Her Standing There"  McCartney 2:54
2. "Misery"  Lennon e McCartney 1:49
3. "Anna (Go to Him)" (Arthur Alexander)Lennon 2:57
4. "Chains" (Gerry Goffin, Carole King)George Harrison 2:26
5. "Boys" (Luther Dixon, Wes Farrell)Ringo Starr 2:27
6. "Ask Me Why"  Lennon 2:26
7. "Please Please Me"  Lennon e McCartney 2:03
Cara 2
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Love Me Do"  McCartney e Lennon 2:23
2. "P.S. I Love You"  McCartney 2:04
3. "Baby It's You" (Mack David, Barney Williams, Burt Bacharach)Lennon 2:40
4. "Do You Want to Know a Secret"  Harrison 1:59
5. "A Taste of Honey" (Bobby Scott, Ric Marlow)McCartney 2:03
6. "There's a Place"  Lennon and McCartney 1:51
7. "Twist and Shout" (Phil Medley, Bert Russell)Lennon 2:37