Ronnie Spector

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ronnie Spector
Nome completoVeronica Yvette Bennett
Nacemento10 de agosto de 1943
Lugar de nacementoNova York
Falecemento12 de xaneiro de 2022
Lugar de falecementoDanbury
Causacancro
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaPobo cherokee, Afroamericano e irlandoamericano
Alma máterGeorge Washington Educational Campus
Ocupacióncantante
CónxuxePhil Spector
IrmánsEstelle Bennett
Na rede
https://www.ronniespector.com/
IMDB: nm0817491 Twitter: RonnieSpectorGS Spotify: 3ur7kjN4pd94zjUxrFSMDj iTunes: 2819278 Musicbrainz: e0718a77-e7a0-4602-9592-a0d8d4764c32 Songkick: 90297 Discogs: 293153 Allmusic: mn0000846277 WikiTree: Bennett-33583 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Veronica Yvette Greenfield,[1] nada o 10 de agosto de 1943 como Veronica Yvette Bennett e finada o 12 de xaneiro de 2022,[2] foi unha cantante estadounidense máis coñecida polo seu nome artístico, Ronnie Spector. Formou o grupo musical The Ronettes en 1957 xunto coa súa irmá máis vella, Estelle Bennett, e a súa curmá, Nedra Talley. Ronnie liderou o grupo durante o tempo que foi producido por Phil Spector, con quen casou en 1968 e se separou en 1972.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bennett foi a voz principal de The Ronettes e durante os primeiros anos da década de 1960 tiveron grandes éxitos, como as cancións "Be My Baby" (1963), "Baby, I Love You" (1963), "The Best Part of Breakin' Up" (1964) e "Walking in the Rain" (1964). En 1964, comezou unha carreira en solitario co sinxelo "I'm So Young". Despois de 1980 publicou cinco álbums de estudio: Siren (1980), Unfinished Business (1987), Something's Gonna Happen (2003), Last of the Rock Stars (2006) e English Heart (2016). Tamén gravou unha versión estendida de She Talks to Rainbows (1999). En 1986, a súa carreira reviviu cando sacou a canción "Take Me Home Tonight" con Eddie Money.

Bennett foi alcumada en ocasións como a "moza mala do rock and roll" orixinal.[3][4] En 1990 publicou as súas memorias Be My Baby: How I Survived Mascara, Miniskirts, and Madness, Or, My Life as a Fabulous Ronette.[5] En 2007, foi incluída no Salón da Fama do Rock como membro de the Ronettes.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Con The Ronettes[editar | editar a fonte]

Álbums en solitario[editar | editar a fonte]

Título Notas Máximo posto en listas
Nos Estados Unidos de América
Siren
  • Data de publicación: 1980
  • Selo: RCA, Polish Records[11]
Unfinished Business
The Last of the Rock Stars
  • Data de publicación: 2006
  • Selo: High Coin[13]
English Heart
  • Data de publicación: 8 de abril de 2016
  • Selo: 429[14]
6[15]
"—" indica unha publicación que non acadou posto en listas

EPs[editar | editar a fonte]

Sinxelos en solitario[19][editar | editar a fonte]

  • 1971: "Try Some, Buy Some" (Apple 1832)
  • 1975: "You'd Be Good For Me" (Tom Cat YB-10380)
  • 1976: "Paradise" (Warner Spector SPS 0409)
  • 1977: "Say Goodbye To Hollywood" (Epic 8-50374)
  • 1978: "It's a Heartache" (Alston 3738)
  • 1980: "Darlin'" (Polish PR-202)
  • 1987: "Who Can Sleep" (Columbia 38-07082)
  • 1987: "Love On a Rooftop" (Columbia 38-07300)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1 No. 114: Ronnie Greenfield, et al. V. Philles Records, Inc., et al". 17 de outubro de 2002. 
  2. Becerra, Javier (13 de xaneiro de 2022). "Ronnie Spector, a voz de mel que cantou «Be My Baby»". La Voz de Galicia. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  3. Donovan, Patrick (12 de abril de 2006). "The Last of the Rock Stars". TheAge. 
  4. "The Ronettes – Inductees". The Vocal Group Hall of Fame Foundation. 2004. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2007. 
  5. Cateforis, Theo (2013). Routledge, ed. The Rock History Reader. p. 43. ISBN 9780415892124. Consultado o 28 de xullo de 2017. 
  6. "The Ronettes". Rock & Roll Hall of Fame. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 
  7. Kennedy, Mark (13 de xaneiro de 2022). "Ronnie Spector, '60s icon who sang ‘Be My Baby,’ dies at 78". ABC News. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  8. "Sing Their Greatest Hits - The Ronettes". AllMusic. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  9. "The Greatest Hits, Vol. 2 - The Ronettes". Allmusic. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  10. "The Best of the Ronettes". Allmusic. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  11. "Siren - Ronnie Spector". AllMusic. Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  12. "Unfinished Business - Ronnie Spector | Release Info". AllMusic. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  13. Hogan, Marc (6 de xuño de 2006). "Ronnie Spector: The Last of the Rock Stars". Pitchfork.com. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  14. "English Heart - Ronnie Spector | Release Info". AllMusic. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  15. Billboard (ed.). "Ronnie Spector Chart History". Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  16. ROB SHEFFIELD (28 de outubro de 1999). "Ronnie Spector: She Talks to Rainbows [US] : Music Reviews :". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. 
  17. "Something's Gonna Happen - Ronnie Spector". AllMusic. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  18. "Ronnie Spector's Best Christmas Ever - Ronnie Spector". Allmusic. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  19. "Discography". Ronnie Spector. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]