Cynthia Powell
Cynthia Powell | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Cynthia Lillian Powell |
Nacemento | 10 de setembro de 1939 |
Lugar de nacemento | Blackpool |
Falecemento | 1 de abril de 2015 |
Lugar de falecemento | Mallorca |
Causa | cancro de pulmón |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Escola de Arte e Design de Liverpool |
Ocupación | artista visual e xornalista de opinión |
Cónxuxe | John Lennon, John Twist e Roberto Bassanini |
Fillos | Julian Lennon |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cynthia Lillian Lennon Charles (de solteira Powell) nada o 10 de setembro de 1939 en Blackpool e finada o 1 de abril de 2015 en Mallorca, foi unha artista, empresaria e escritora británica, coñecida por ser a primeira esposa de John Lennon. Como resultado desta unión, tamén se coñeceu como Cynthia Lennon. Mesmo despois do seu divorcio, continuou posuíndo e usando o nome "Lennon", en solidariedade con Julian, o seu fillo con John.
Biografía[editar | editar a fonte]
Relación con Lennon[editar | editar a fonte]
En 1958, John Lennon e Cynthia Powell coñecéronse no Liverpool College of Art, en Liverpool, e inmediatamente el sentiuse atraído pola súa semellanza coa actriz Brigitte Bardot (dise que Cynthia sabía desa filia e por iso tinguiu o seu cabelo a loiro para se parecer á actriz)[1]. Lennon viaxou moito e sempre se comunicou coa súa paixón por carta. En 1962, despois de catro anos de relación, mudáronse xuntos a Londres. O 8 de abril de 1963 tiveron o seu único fillo, nacido en Liverpool: Julian Lennon. Cynthia e John casaron oficialmente ese mesmo ano, o 23 de agosto. A súa unión con John foi sempre unha fonte de desesperación para Brian Epstein, o axente musical de John, xa que un Beatle era un obxecto de desexo para as mozas adolescentes, e ao John estar casado reducía as posibilidades de éxito na súa carreira, e tratou de que mantivesen en segredo a relación[2]. Porén, en 1968 o matrimonio xa estaba desgastado debido ás constantes loitas por celos. Neste ano, John coñeceu á artista xaponesa Yoko Ono, comezando a relacionarse con ela. Despois marchou da casa e a parella de John e Cynthia divorciouse.
Obra escrita[editar | editar a fonte]
Cynthia publicou dúas memorias da súa vida con John, John e A Twist of Lennon [3] nas que conta momentos persoais co seu marido, relatando gran parte da súa vida co artista antes da fama e no inicio da Beatlemanía. Sempre relatou ter sufrido coa ausencia de John e dixo que as drogas "abriron un abismo" entre ambos. Preto do final da súa vida, sorprendeu a amigos e fans confesando que se soubera as consecuencias que tería o seu namorado por Lennon, "daría a volta e teríase afastado del para sempre".[3]
Anos finais[editar | editar a fonte]
Despois do fin do seu matrimonio con Lennon, volveu casar tres veces máis. Debido aos seus matrimonios con homes estranxeiros, viviu en varios países como Gales, Irlanda e España. [3]
Cynthia estaba viúva do seu cuarto marido desde 2013 e vivía soa nas Illas Baleares. Morreu en Mallorca despois de loitar contra un cancro.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cynthia Powell (Julian Lennon’s mother) files for divorce from John Lennon.". www.famousdaily.com. Consultado o 2022-05-08.
- ↑ Williams, Stereo (2015-04-06). "Cynthia Lennon and the Dark Side of a Legend". Cuepoint (en inglés). Consultado o 2022-05-08.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Morre Cynthia Lennon, ex-mulher de John Lennon". Consultado o 01/04/2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cynthia Powell ![]() |
----
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |