Perda de peso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A perda de peso intencional refírese á perda de masa corporal total, como resultado dun esforzo para manterse en forma, mellorar a saúde e/ou para cambiar a aparencia.

Adelgazamento ou perda de peso, no contexto da medicina, saúde ou fitness, é unha redución da masa corporal dun individuo ou animal, por razón dunha perda media de líquidos, graxa ou de tecidos como o músculo, tendón ou tecido conxuntivo. O adelgazamento pode ser xeneralizado, é dicir, afectando a todo o organismo, ou ben localizado como no caso dunha atrofia muscular por inmovilización.[1] Entrada a terceira idade, o corpo tende a perder de 1 a 2 kg de peso cada década.[2]

Etioloxía[editar | editar a fonte]

O adelgazamento pode ser non-intencional, como no caso de enfermidades crónicas, tales como a tuberculose e certas formas de cancro — o cancro de pulmón e os do tubo dixestivo son as neoplasias malignas máis frecuentes nos pacientes que experimentan perda de peso non intencional —.[3] Outras formas de perda non-intencional de peso inclúen trastornos que causen vómitos, diarrea, e enfermidades pobremente controladas como a diabetes e o hipertiroidismo.

Noutros casos, o adelgazamento pode ser intencional, un esforzo por parte do individuo, xeralmente centrado en dietas, para mellorar a súa saúde ou a súa aparencia. A perda de peso terapéutica, especialmente en persoas con obesidade pode diminuír o risco da aparición de enfermidades como a hipertensión arterial, cardiopatías e certas formas de cancro. As dietas excesivas ou mal controladas poden producir desnutrición, anemia, atrofia muscular, hipovitaminosis e desequilibrios electrolíticos e hídricos.[1]

Control de peso[editar | editar a fonte]

Gráfico do índice de masa corporal.
Branco = Baixo peso (IMC <18,5) Amarelo = Rango normal (IMC = 18,5-24,99) Laranxa = Sobrepeso (IMC = 25-29,99) Vermello = Obesidade (IMC ≥30)
Comparación antes (before) e despois (after).

O peso das persoas pode ser avaliado calculando o seu índice de masa corporal que é un método simple e amplamente usado para estimar a proporción de graxa corporal.[4] O IMC foi desenvolvido polo estatístico e antropometrista belga Adolphe Quetelet. Este é calculado dividindo o peso do suxeito (en quilogramos) polo cadrado da súa altura (en metros), por tanto é expresado en kg / .

Os organismos gobernamentais en EUA determinan o sobrepeso e a obesidade usando o índice de masa corporal (IMC), utilizando o peso e altura para determinar a graxa corporal. Un IMC entre 25 e 29,9 é considerado sobrepeso e calquera valor sobre 30 é obesidade. Individuos cun IMC por encima de 30 incrementan o risco de perigo para a saúde.

A OMS (Organización Mundial da Saúde) establece unha definición comunmente en uso cos seguintes valores, acordados en 1997, publicados en 2000 e axustados no 2010:

  • IMC menos de 18,5 é por baixo do peso normal.
  • IMC de 18,5-24,9 é peso normal
  • IMC de 25,0-29,9 é sobrepeso.
  • IMC de 30,0-34,9 é obesidade clase I.
  • IMC de 35,0-39,9 é obesidade clase II.
  • IMC de 40,0 ou maior é obesidade clase III, grave (ou mórbida).
  • IMC de 35,0 ou maior na presenza de polo menos unha ou outra morbilidad significativa é tamén clasificada por algunhas persoas como obesidade mórbida.

Nun marco clínico, os médicos toman en conta a raza, a etnia, a masa magra (musculatura), idade, sexo e outros factores os cales poden infectar a interpretación do índice de masa corporal. O IMC sobreestima a graxa corporal en persoas moi musculosas e a graxa corporal pode ser subestimada en persoas que perderon masa corporal (moitos anciáns).[5]

A obesidade leve como é definida segundo o IMC, non é un factor de risco cardiovascular e por tanto o IMC non pode ser usado como un único predictor clínico e epidemiolóxico da saúde cardiovascular.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Adelgazamiento (en español).
  2. E P. BOURAS; S M. LANGE; y J S. SCOLAPIO.
  3. Harrison Principios de Medicina Interna 16a edición (2006).
  4. Mei Z, Grummer-Strawn LM, Pietrobelli A, Goulding A, Goran MI, Dietz WH: «Validity of body mass index compared with other body-composition screening indexes for the assessment of body fatness in children and adolescents», artículo en la revista Am J Clin Nutr, 75: págs. 978-985; 2002.
  5. "Obesidade na poboación española". 20minutos (en castelán). 3 de maio de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]