Partido Popular Europeo (grupo parlamentario)
| Partido Popular Europeo | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Tema principal
| |||||
|
Ideoloxía política
| |||||
|
Posición política
| |||||
|
Composto por
| |||||
| Escanos | |||||
|
Número de escanos lexislatura
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Presidente/a
Manfred Weber 4 de xuño de 2014
Joseph Daul 9 de xaneiro de 2007 - 4 de xuño de 2014 Hans-Gert Pöttering 20 de xullo de 1999 - 15 de xaneiro de 2007 Wilfried Martens 19 de xullo de 1994 - 19 de xullo de 1999 Leo Tindemans 21 de xaneiro de 1992 - 18 de xullo de 1994 Egon Klepsch 24 de xullo de 1984 - 13 de xaneiro de 1992 Paolo Barbi 9 de marzo de 1982 - 23 de xullo de 1984 Egon Klepsch 13 de xuño de 1977 - 8 de marzo de 1982 Alfred Bertrand 1975 - 1977 Hans August Lücker 1969 - 1975 Joseph Illerhaus 1966 - 1969 Alain Poher 1958 - 1966 Pierre Wigny 1958 - 1958 Maan Sassen 1953 - 1958 | |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
O grupo parlamentario do Partido Popular Europeo ou PPE[1] é o grupo europarlamentario demócrata-cristián do Parlamento Europeo. Ao longo da historia sempre foi un dos dous grupos maioritarios da Eurocámara. Está formado case na súa totalidade por parlamentarios que á súa vez pertencen a partidos englobados no Partido Popular Europeo, e de aí a coincidencia no nome co partido paneuropeo.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes do grupo parlamentario democristián do Parlamento Europeo hai que buscalas no primeiro momento da historia comunitaria, na creación da Asemblea Común da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, o 10 de setembro de 1956. Ao comezo do verán do ano seguinte xa existía un grupo parlamentario formado de xeito oficial, aínda que durante eses nove meses os deputados de centro-dereita dos seis estados asinantes cooperaran e traballaran conxuntamente.
Aínda que as formacións iniciais do PPE eran de tradición democristiá, as sucesivas ampliacións da Comunidade Económica Europea, Comunidade Europea e finalmente Unión Europea, levaron o grupo parlamentario do PPE a abrirse a outras tradicións conservadoras e de centro dereita, como as que encarnaban a formación grega de Nova Democracia ou o Partido Popular español, antes de toda a expansión comunitaria cara ao leste. Os conservadores británicos e dinamarqueses tentaron inicialmente manter un grupo parlamentario á parte, que se denominou Demócratas Europeos, pero durante a década dos noventa disolveron a entidade e incorporáronse ao grupo parlamentario do PPE (británicos) e ao grupo e mais ao propio Partido Popular Europeo os dinamarqueses. Pero mentres o grupo se ampliaba (incorporación da Forza Italia de Silvio Berlusconi, por exemplo) aparecían as primeiras fendas importantes causadas polo euroescepticismo.
Este núcleo euroescéptico recuperou o nome de Demócratas Europeos e brevemente o grupo parlamentario denominouse PPE-DE. Con esa composición, o PPE-DE converteuse no grupo parlamentario máis numeroso da Eurocámara logo das eleccións ao Parlamento Europeo de 1999. A crise para a aprobación dos orzamentos que enfrontou os democristiáns cos socialdemócratas, e que levou por diante a Comisión que presidía Jacques Santer, acabou tamén por dinamitar o propio grupo parlamentario. Logo das eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 o Partido Conservador británico e o Partido Democrático Cívico checo abandonaron o PPE para formar canda outras formacións o grupo parlamentario dos Conservadores e Reformistas Europeos o 22 de xuño de 2009. Como consecuencia desa formación, o subgrupo dos Demócratas Europeos desapareceu e o grupo redenominouse como Partido Popular Europeo unicamente. Malia esta escisión, o grupo parlamentario do PPE continuou a ser o máis numeroso da Eurocámara.
Cargos de relevancia
[editar | editar a fonte]O grupo democristián proveu de moitos dos grandes persoeiros da política europea. Así, deu quince presidentes do Parlamento Europeo (ou dos seus equivalentes anteriores), máis da metade de todos eles: os italianos Alcide de Gasperi (1954) e Giuseppe Pella (1954-56); o alemán Hans Furler, que o fixo en dous períodos, de 1956 a 1958 e de 1960 a 1962, e que foi o único presidente da Eurocámara que o foi en dúas ocasións; o francés Robert Schuman (1958-60); os belgas Jean Duvieusart e Victor Leemans, de 1964 a 1965 e dese ano a 1966, respectivamente; o francés Alain Poher (1966-69); os italianos Mario Scelba (1969-71) e Emilio Colombo (1977-79); o francés Pierre Pflimlin (1984-87); o alemán Egon Klepsch (1992-94); o español|José María Gil-Robles (1997-97); a francesa Nicole Fontaine (1999-02), o alemán Hans-Gert Pöterring (2007-09); e o polaco Jerzy Buzek do 2009 ao 2012, que foi o primeiro presidente do parlamento que procedía do Leste de Europa.
Ademais, tamén pertenceron ao PPE cinco presidentes da Comisión Europea: o alemán Walter Hallstein, que foi o primeiro presidente da Comisión entre 1958 e 1967, o italiano Franco Maria Malfatti de 1970 a 1972, o francés François-Xavier Ortoli, entre 1973 e 1977, o luxemburgués Jacques Santer (1995-1999), e o portugués José Manuel Durão Barroso, que estivo no posto entre 2004 e 2014 e que é o segundo presidente de máis duración no cargo por detrás do socialdemócrata Jacques Delors.
Organización
[editar | editar a fonte]O PPE ten un presidente e un grupo de vicepresidentes, ademais dun tesoureiro e dun secretario-xeral.
Os presidentes do grupo do PPE foron:
| Número | Presidente | País | Partido | Desde | Ata |
|---|---|---|---|---|---|
| 1. | Maan Sassen | Partido Popular Católico | 1953 | 1958 | |
| 2. | Pierre Wigny | Partido Socialcristián | 1958 | 1958 | |
| 3. | Alain Poher | Movemento Republicano Popular | 1958 | 1966 | |
| 4. | Joseph Illerhaus | Unión Demócrata Cristiá (CDU) | 1966 | 1969 | |
| 5. | Hans Lückerl | Unión Demócrata Cristiá (CDU) | 1969 | 1975 | |
| 6. | Alfred Bertrand | Partido Popular Cristián | 1975 | 1977 | |
| 7. | Egon Klepsch | Unión Demócrata Cristiá (CDU) | 1977 | 1982 | |
| 8. | Paolo Barbi | Democracia Cristiá (DC) | 1982 | 1984 | |
| 9. | Egon Klepsch | Unión Demócrata Cristiá (CDU) | 1984 | 1992 | |
| 10. | Leo Tindemans | Partido Popular Cristián | 1992 | 1994 | |
| 11. | Wilfred Martens | Partido Popular Cristián | 1994 | 1999 | |
| 12. | Hans Gert Pöttering | Unión Demócrata Cristiá (CDU) | 1999 | 2007 | |
| 13. | Joseph Daul | Unión por un Movemento Popular (UMP) | 2007 | actualidade |
Parlamentarios
[editar | editar a fonte]Esta foi a composición inicial do grupo parlamentario do EPP, logo de cada unha das eleccións. Con posterioridade ás eleccións producíronse cambios, ademais de que os países entrantes recibían unha cota de europarlamentarios antes de que se producisen os comicios.