José Manuel Durão Barroso
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
José Manuel Durão Barroso | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 23 de marzo de 1956 |
Lisboa | |
Organización | Partido Socialdemócrata de Portugal |
Alma máter | Faculdade de Direito da Universidade de Lisboa, Universidade de Georgetown, Walsh School of Foreign Service e Universidade de Xenebra |
Profesión | Político e avogado |
Relixión | catolicismo |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
José Manuel Durão Barroso, nado en Lisboa o 23 de marzo de 1956, é un político portugués, presidente da Comisión Europea dende o 23 de novembro de 2004; antes, foi Primeiro Ministro de Portugal (do 6 de abril de 2002, cando herdou o cargo de António Guterres, ó 29 de xuño de 2004, cando foi substituído por Pedro Santana Lopes).
Vida antes de 1995[editar | editar a fonte]
Formación e inicio da súa carreira[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Dereito na Universidade de Lisboa e estudou Ciencias Económicas e Sociais na Universidade de Xenebra. Foi profesor asistente na Facultade de Dereito en Georgetown; despois, regresou a Lisboa e converteuse en director do departamento de relacións internacionais da Universidade Lusíada.
Inicio da súa actividade política[editar | editar a fonte]
Na súa xuventude, Durão pertenceu a numerosos grupos maoístas e comunistas, antes da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974. En 1980 uniuse ó Partido Socialdemócrata de Portugal, de dereitas, no que continúa ata o día de hoxe.
Etapas[editar | editar a fonte]
- Subsecretario de Estado no Ministerio de Asuntos Internos (1985-1987)
- Secretario de Estado de Asuntos Externos (1987-1992)
- Ministro de Asuntos Exteriores (1992-1995)
Vida despois de 1995[editar | editar a fonte]
Oposición[editar | editar a fonte]
En 1995, Durão Barroso foi escollido deputado no Parlamento portugués. Catro anos máis tarde, sería designado presidente do PSD e, polo tanto, líder da oposición.
Goberno[editar | editar a fonte]
O 6 de abril de 2002, Durão Barroso facíase primeiro ministro de Portugal. A súa política viuse marcada polo conservadorismo económico e polo apoio á Guerra de Iraq, opoñéndose así á opinión maioritaria da sociedade do seu país.
Comisión Europea[editar | editar a fonte]
O 29 de xuño de 2004, Barroso dimitiu como primeiro ministro de Portugal para asumi-lo cargo de presidente da Comisión Europea, cargo no que sucedeu ó italiano Romano Prodi.
A elección da Comisión liderada por Barroso non estivo exenta de polémica. Na primeira proposta que se presentou ó Parlamento Europeo, o comisario de Xustiza e vicepresidente era Rocco Buttiglione. Ante a evidencia de que, por uns e outros motivos, o Parlamento non ía acepta-la Comisión, Durão Barroso realizou unha serie de cambios: tras substituír a Rocco Buttiglione por Franco Frattini e a Ingrida Udre por Andris Piebalgs, a Comisión presentouse definitivamente ante o Parlamento e foi aprobada.
Na actualidade, José Manuel Durão Barroso é un dos homes máis destacados na escena política europea actual.
Predecesor: António Guterres |
![]() Primeiro Ministro de Portugal 2002 - 2004 |
Sucesor: Pedro Santana Lopes |
Predecesor: Romano Prodi |
![]() Presidente da Comisión Europea 2004 – Actualidade |
Sucesor: No cargo |