Saltar ao contido

Plataforma Cívica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Plataforma Cívica
 Nome orixinal
   Platforma Obywatelska (pl)   Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Ideoloxía política
 Posición política
Implicados
 Presidente/a
Borys Budka 2020 2021
Grzegorz Schetyna 2016 2020
Maciej Płażyński 2001 2003
Ewa Kopacz 2014 2016
Donald Tusk 2003 2014
Donald Tusk 2021 Editar o valor en Wikidata
 Membro de
 Organización xuvenil
Datas
 Fundación / creación
24 de xaneiro de 2001 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Solidarity Electoral Action (en) Traducir (1997 - 2001) Editar o valor en Wikidata
 Substitúe
Solidarity Electoral Action (en) Traducir (1997 - 2001) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de membros
   17.000 (2015) Editar o valor en Wikidata
 Número de escanos lexislatura
36 Senado de Polonia
125 Sejm (2025)
122 Sejm
17 Parlamento Europeo (2025) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF166060952 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05_6b Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Plataforma Cívica (en polaco: Platforma Obywatelska, abreviado PO) é o principal partido político de centro-dereita de Polonia, o cal defende ideas europeístas, liberais e democristiás. Foi o partido gañador das eleccións xerais de 2007.

Fundado o 19 de xaneiro de 2001, a maior parte do seus membros foran membros da UW (Alianza da Liberdade - Unia Wolności) e a AWS (Solidariedade-Alianza Democrática da Dereita - Akcja Wyborcza Solidarność). O partido PO estaba formado por Donald Tusk UW, Maciej Płażyński Solidariedade-AWS e Andrzej Olechowski. Durante as eleccións xerais de 2001 a Plataforma Cívica obtivo un 12,68% dos votos e 65 escanos no Sejm (o parlamento polaco, Sejm, ten 460 escanos). Nas eleccións de 2005 obtivo un 24,14%, 133 escanos e 34 senadores (sobre 100).

O presidente da Plataforma Cívica é Donald Tusk. No partido tamén están Jan Rokita, Bronisław Komorowski, Zbigniew Chlebowski, Hanna Gronkiewicz-Waltz, Stefan Niesiołowski, Grzegorz Schetyna e Jerzy Buzek.

O programa

[editar | editar a fonte]

A Plataforma Cívica defende a economía liberal. As súas propostas económicas van orientadas a baixar os impostos e introducir o imposto lineal (en polaco podatek liniowy). Quere liquidar o Senado (Senat) e limitar a burocracia. Postula a loita contra a corrupción e maila delincuencia. O partido apoia a integración na Unión Europea (UE). No eido social, oponse á eutanasia, o matrimonio homosexual e maila legalización das drogas.

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións xerais de 2007 obtivo a vitoria tanto en escanos coma en votos con máis dun 40%.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]