Movemento Republicano Popular
Aparencia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Movemento Republicano Popular | |||
---|---|---|---|
Tipo | partido político ![]() | ||
Forma xurídica | asociación declarada ![]() | ||
Posición política | centrismo ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Fundador/a | Georges Bidault ![]() | ||
Órgano de prensa | La Liberté du Centre (en) ![]() ![]() | ||
Actividade | |||
Industria | outras organizacións funcionando por adhesión voluntaria ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1944 ![]() | ||
Disolución | 1967 ![]() | ||
Localización | |||
País | Francia ![]() | ||
Sede | 7º distrito de París ![]() | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O Movemento Republicano Popular (en francés: Mouvement Républicain Populaire, MRP) foi un partido político francés que actuou entre 1944 e 1967. Era un partido demócrata cristián xurdido na resistencia francesa ao réxime de Vichy e a ocupación alemá, tras a guerra participou no goberno provisorio da República francesa. Nas eleccións de 1945 conseguiu 140 escanos e nas eleccións de 1946 logrou 169 deputados co 28.1% dos votos converténdose no primeiro partido francés. Nas seguintes eleccións o MRP baixou electoralmente e en 1962 tiña 62 escanos, absorbidos boa parte dos seus votantes polo gaullismo. O MRP era partidario da integración de Francia en Europa e na OTAN e do mantemento das colonias.