A Chamada Demócrata Cristiá (neerlandés: Christen-Democratisch Appèl, CDA), é un partido político neerlandés da democracia cristiá. En número de militantes é o partido máis grande dos Países Baixos.
A CDA foi fundada en 1977, xurdindo da fusión do Partido Popular Católico (KVP), o Partido Antirrevolucionario (ARP) e a Unión Cristiá Histórica (CHU). O KVP formou parte de todos os gobernos dende a introdución do sufraxio universal en 1917, a miúdo xunto cos dous outros partidos, até a fundación da CDA. Presidentes do goberno da CDA foron Dries van Agt (1977-1982), Ruud Lubbers (1982-1994) e Jan-Peter Balkenende (2002- ). A CDA é un partido de centro-dereita, con tendencia conservadora.
Nas eleccións de 2003 obtivo 44 escanos, sendo a primeira forza política do parlamento.
Nas eleccións de 2006 obtivo 41 escanos, cos que mantén esa primeira posición.
Nas eleccións de 2010 obtivo 21 escanos, pasou a ser o 4º partido no parlamento co 13.6% dos votos.