Otero de Sanabria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°02′58″N 6°34′24″O / 42.049444444444, -6.5733333333333

Otero de Sanabria (en leonés: Outeiru) é unha localidade pertencente ao concello de Palacios de Sanabria, na provincia de Zamora (España). Foi un concello independente ata 1965. En 2016 tiña unha poboación de 26 habitantes. Atópase no val do río Tera, xunto á autovía A-52 e a estrada N-525, na comarca da Seabra. Está prevista na localidade a construción da estación de Seabra AV correspondente á liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia, despois de descartar a súa situación en Pobra de Seabra.