Ortocentro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O punto de intersección das alturas é o ortocentro

O ortocentro é o punto onde se interceptan as 3 alturas dun triángulo, isto é, as perpendiculares aos lados trazadas polos vértices opostos. O nome deriva da verba grego orto, que quere dicir recto, en referencia ao ángulo formado entre as bases e as alturas.

O ortocentro varía de posición con respecto ao triángulo segundo este sexa acutángulo, rectángulo ou obtusángulo, atopándose dentro do triángulo, no vértice do ángulo recto ou fóra do triángulo respectivamente.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]