Ceviana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Triangulo cunha ceviana d.

Unha ceviana é un segmento de recta que une un vértice dun triángulo co lado oposto a este. Tamén se denomina transversal angular.

Son exemplos de cevianas a mediana, a altura, e a bisectriz, como rectas notables dun triángulo.

O nome de ceviana foi introducido por M.A. Poulain, na honra de Giovanni Ceva, quen en 1678 formulara o teorema que leva o seu nome, Teorema de Ceva, publicándoo no seu artigo De lineis rectis se invicem secantibus statica constructio. Este teorema dá a condición necesaria e suficiente para que tres cevianas sexan concorrentes.[1]

Tres cevianas concorrentes.

Notas[editar | editar a fonte]