Apotema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apotema de un hexágono.

O apotema dun polígono regular é a liña que partindo do centro xeométrico da figura é perpendicular a un dos seus lados. No caso dos triángulos, é máis habitual chamalo altura.

Explicación[editar | editar a fonte]

Dadas as propiedades xeométricas dun polígono regular, o apotema pode tamén ser definida como o segmento de recta que une o centro do polígono co punto central dun dos seus lados. A lonxitude do apotema é tamén o raio do círculo que pode ser inscrito no polígono. Pola mesma lóxica, para un círculo dado e unha corda, o apotema é o segmento de recta ao longo do cal se mide a distancia entre o punto medio da corda e o centro do círculo.

Fórmula[editar | editar a fonte]

Nun n-polígono regular con apotema r, raio do círculo circunscrito R e lonxitude dun dos lados z:

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra apotema deriva do francés apothème (1751), neoloxismo creado a partir do radical apoth- de apóthesis, que significa acción de colocar ao lado, de depositar, con influencia do grego hypóthema, base, para o sufixo -ema (f. hist. 1789 apotema).