Janet Novás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJanet Novás
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
O Porriño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarina , actriz , coreógrafa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm6526291 Twitter: janetnovas Instagram: janetnovass Editar o valor em Wikidata

María Janet Novás Rodríguez, coñecida como Janet Novás, nada no Porriño en 1982, é unha bailarina e actriz galega que obtivo o premio Goya á mellor actriz revelación de 2023 (en 2024).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse en danza contemporánea en Madrid, Bruxelas e Berlín. En 2001 estableceuse en Madrid e desde 2008 creou coreografías e bailou en distintos festivais de danza e de artes escénicas de Europa e América.[2] Ten colaborado en espectáculos con Mercedes Peón[2] e coa compañía Voadora (Marta Pazos).[3] Tamén se dedica á docencia da danza.[3]

Como actriz, Novás debutou protagonizando o filme O corno, dirixido por Jaione Camborda, que obtivo a Cuncha de Ouro ao mellor filme do Festival de Cinema de Donostia. Por este papel obtivo o premio Goya á mellor actriz revelación en 2023 (entregado en 2024).[4]

Filmes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cortés Galdo, Rocío (2024-02-11). "Janet Novás, mejor actriz revelación en unos Goya dominados por 'La sociedad de la nieve'". Diario de Pontevedra. Consultado o 2024-02-11. 
  2. 2,0 2,1 Fernández, Bea (2021-04-20). "Janet Novás". La Poderosa (en catalán). Consultado o 2024-02-11. 
  3. 3,0 3,1 "Janet Novás". Danza. Consultado o 11/2/2024. 
  4. Fernández, L. (12 de febreiro de 2024). "Ganadores Goya 2024: lista de todos los ganadores". elmundo.es (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2024.