Monte do Castro, Ribadumia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°31′24″N 8°44′22″O / 42.523472222222, -8.7393888888889

Monte do Castro, Ribadumia
ParroquiaLeiro e Besomaño
ConcelloRibadumia
ProvinciaPontevedra
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA36046001
Cronoloxía
Datas de ocupaciónen estudo
Períodos de escavacióndende 2011
Estado actualen escavación
Véxase tamén
Castros de Galiza

O Monte do Castro ou Castro de Lameán de Arriba, de Ribadumia é un poboado castrexo situado entre as parroquias de Besomaño e Leiro. Está a ser escavado e restaurado dende o ano 2011, con financiamento da Deputación de Pontevedra e dirección do arqueólogo Rafael Rodríguez.

O castro caracterizábase por estar moi destruído por canteiras e obras recentes para a extracción de xabre. Porén, a intervención arqueolóxica no socalco occidental permitiu coñecer unha enorme cantidade de estruturas de diferentes épocas, nun relativamente bo estado de conservación. Nun momento da súa historia o castro semella ter sido destruído completamente por un incendio: este feito tende a interpretarse como froito da violencia da conquista romana, a raíz dos restos atopados[1].

Entre os achados de maior relevancia pode destacarse unha escultura antropomorfa toscamente tallada e moi erosionada, aparecida na muralla na zona da entrada na campaña do ano 2012. Este e outros obxectos procedentes do lugar están expostos no "edificio Sarmiento" do Museo de Pontevedra.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Unha traxedia a finais da idade do ferro", artigo de Manuel Gago Mariño no blog Capítulo 0, 22 de setembro de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]