Monte da Lagoa, Narón
Valado prehistórico do Val (en inglés as estruturas son coñecidas como Causewayed enclosure) é unha construción nun outeiro fortificado situado no Val (Narón). Está situado no alto dun monte de 304 metros de altura entre os concellos de Narón e Ferrol.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Estruturas similares téñense localizado en Francia, Inglaterra, Escandinavia, Bélxica, Alemaña, Italia, Irlanda e Eslovaquia. Terían sido construídas vai entre cinco mil e oito mil anos.[Cómpre referencia]
O curro Neolítico do Monte da Lagoa de Narón foi o primeiro valado prehistórico identificado en Galiza e en toda España, un causewayed enclosure ou henge[2] situado nun privilexiado observatorio. Ten forma ovalada duns 75 metros de eixo NO-SL, e uns 50 metros no OS-NL. O recinto principal está formado por un só muro de grande tamaño aproveitando as formas do terreo no cumio do monte. Hai dous accesos á croa abertos para unha devasa que vai de NO a SL. O acceso principal parece ser o do NO. No interior da croa atópanse algúns ocos que puideron ser construcións ou aproveitamentos de cantería posteriores ó valado.
En 2017 abriuse unha devasa aos pés do monte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Monte da Lagoa, Narón na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "André Pena Grnha arqueologodenaron.com". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2018. Consultado o 03 de marzo de 2018.