Modularidade (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de modularidade nas células dos favos.

Algo é modular cando consta varias pezas substituíbeis, como obxectos sinxelos que se poden conectar para formar outros máis complexos, como as pezas de Lego, e.g. Os obxectos complexos poden por si só ser modulares e utilizarse para crear obxectos aínda máis complexos uníndoos. A modularidade é un concepto central en varios campos da ciencia. En bioloxía, a modularidade refírese á estrutura e función dos organismos ou vías metabólicas compostas por módulos, desempeñando un papel fundamental no desenvolvemento e evolución dos sistemas biolóxicos.

Definición[editar | editar a fonte]

A estrutura modular da fibronectina (glicoproteína esencial para a adhesión celular e a cicatrización) e os seus dominios de unión.

Na bioloxía, a modularidade refírese á idea de que organismos ou estruturas metabólicas están compostas por módulos ou unidades que poden funcionar de maneira relativamente independente, pero que xuntos contribúen ao funcionamento xeral do organismo. Estes módulos poden presentarse en formas diversas, como estruturas repetitivas en plantas e invertebrados, ou en complexos camiños metabólicos dentro de células.[1]

A modularidade é considerada un factor clave para a resiliencia ecolóxica, xunto coa diversidade e a retroalimentación, apoiando a capacidade dos ecosistemas para resistir e recuperarse de disturbios ou perturbacións.[2]

Aplicacións e exemplos[editar | editar a fonte]

En bioloxía evolutiva e do desenvolvemento, a modularidade permite a variación independente de trazos, facilitando a adaptación e a evolución. Os módulos poden evolucionar con certa independencia uns dos outros, o que pode conducir a unha maior diversidade de formas e funcións.

Un exemplo clásico de modularidade na natureza é a estrutura dos favos de abellas, onde as células hexagonais actúan como módulos individuais dentro dunha estrutura maior. Este tipo de organización modular tamén se observa en moitos outros organismos, onde partes do corpo ou procesos metabólicos funcionan como unidades autónomas dentro dun sistema integrado.

Características dos módulos biolóxicos[editar | editar a fonte]

Os módulos biolóxicos caracterízanse por ter unha especificación xenética discreta, unha organización xerárquica, capacidade para interactuar con outros módulos, unha localización física particular dentro dun organismo en desenvolvemento e a habilidade para sufrir transformacións a escala de desenvolvemento e evolución.[3]

A investigación sobre a modularidade na bioloxía suxire que a presenza de módulos tanto é o resultado da evolución como un facilitador dela.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Andrews, John H. (1998-10). "BACTERIA AS MODULAR ORGANISMS". Annual Review of Microbiology (en inglés) 52 (1): 105–126. ISSN 0066-4227. doi:10.1146/annurev.micro.52.1.105. 
  2. "Modularity in Development and Why It Matters to Evo-Devo". academic.oup.com; do "Symposium Evolutionary Developmental Biology: Paradigms, Problems, and Prospects" presentado no encontro anual da Society for Integrative and Comparative Biology, 4–8 de xaneiro de 2000, en Atlanta, Georgia. (en inglés). Consultado o 2024-04-03. 
  3. Raff, Rudolf A. (1996). The shape of life : genes, development, and the evolution of animal form. Chicago : University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-70266-7. 
  4. "Genome Growth and the Evolution of the Genotype-Phenotype Map". dynamics.org. Consultado o 2024-04-03. 
  5. Wagner, Günter P. (1996-02). "Homologues, Natural Kinds and the Evolution of Modularity". American Zoologist (en inglés) 36 (1): 36–43. ISSN 0003-1569. doi:10.1093/icb/36.1.36. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]