Saltar ao contido

Modesto Fraga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Modesto Fraga Moure»)
Modelo:BiografíaModesto Fraga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Fisterra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e ensaio
Premios

Facebook: modesto.fragamoure BNE: XX1543638 AELG: 224 BUSC: fraga-modesto-1974 Editar o valor en Wikidata

Modesto Fraga Moure, nado en Fisterra o 27 de febreiro de 1974, é un escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ten colaborado cos seus poemas en numerosos libros colectivos, como A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia), Mar por medio (Toxosoutos), El mundo al otro lado (Universidade de Salamanca), 25 anos de poesía galega (n.º 82 da Biblioteca Galega 120) ou De mar e vento (Espiral Maior). Ademais, textos seus aparecen espallados en revistas literarias diversas (Dorna, A Xanela, Feros Corvos). Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte da AELG e do PEN Clube de Galicia, e foi membro fundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do Consello editorial da colección de poesía Letras de Cal.

  • Do amor salgado (Fundación O Grelo-Amigos de Galicia, 1997).
  • Mar de ausencias (Bauprés editores, 1999. 2ª edición en Follas Novas, 2009).
  • Ese estraño silencio (Follas Novas Edicións, 2002).
  • Derrotas con raíces (Sotelo Blanco, 2007).
  • Atlántica luz. Poesía mareira (1995-2015) (Á lus do candil, 2015).
  • Adagio por outono (Alvarellos, 2016).
  • Devalar sen pel (Espiral Maior, 2017).
  • Poesía amorosa escollida. Poesía amorosa escogida. Ed. Bilingüe (Biblioteca da Fisterranía, 2019).
  • Fisterra, a derradeira perla de occidente, 2014.
  • Francisco Esmorís Recamán. Obra selecta. (Biblioteca da fisterranía, 2021).
  • Ramón Marcote. Obra en prosa. Vol. I. (Biblioteca da fisterranía, 2023).
  • Desiderio Paz Figueroa. Don Emerito. (Biblioteca da fisterranía, 2024).


Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Gañador do IV Premio de Poesía da Fundación O Grelo-Amigos de Galicia no 1997, por Do amor salgado.
  • Gañador do Premio de poesía Avelina Valladares no Concello da Estrada en 1997, por Corpos Paisaxe.
  • Gañador do Premio de poesía Francisco Añón no 1998, por Mar de ausencias.
  • Gañador do Premio do Seminario de Estudos Comarcais no 2012, por Alba de luz.
  • Gañador do Premio Faustino Rey Romero no 1998, por Ese estraño silencio.
  • Gañador do XLI Certame Literario Concello de Vilalba en 2015, por Adagio por outono.
  • Gañador do XIX Premio de poesía Concello de Carral en 2016, por Devalar sen pel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]