Mick Moloney
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Michael Moloney 15 de novembro de 1944 Limerick, Irlanda |
Morte | 27 de xullo de 2022 (77 anos) |
Educación | Universidade de Pensilvania |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Período de actividade | 1964 - 2022 |
Xénero artístico | Folk |
Instrumento | Voz, Banjo, Mandolina, Octave mandolin (en) e guitarra |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Mick Moloney, Musician and Champion of Irish Culture, Dies at 77 (en) |
Páxina web | mickmoloney.com |
Michael Moloney, nado en Limerick, Irlanda, o 15 de novembro de 1944 e finado o 27 de xullo de 2022, foi un músico e estudoso estadounidense de orixe irlandesa.[1] Foi o director artístico de varias xiras artísticas importantes e cofundou Green Fields of America.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]O seu pai, Michael Moloney Sr., era xefe de control de tráfico aéreo do aeroporto de Shannon; a súa nai, Maura, traballaba como directora dunha escola primaria de Limerick. Moloney tocou por primeira vez o banxo tenor durante a súa adolescencia.[1] Estudou no University College Dublin, graduándose en economía.[3] Despois trasladouse a Londres para ser un traballador social que axudaba ás comunidades de inmigrantes, antes de unirse a The Johnstons.[3] Despois de tocar co grupo durante cinco anos, emigrou aos Estados Unidos en 1973. Inicialmente instalouse en Filadelfia e finalmente chegou a ser cidadán estadounidense.[3]
Carreira
[editar | editar a fonte]Tres anos despois de se mudar aos EUA, Moloney cofundou Green Fields of America, un conxunto de músicos, cantantes e bailaríns irlandeses que realizou xiras por Estados Unidos en varias ocasións. Tamén foi director artístico de varias xiras artísticas importantes. Un deles foi o festival de 1985 en Manhattan titulado "Cherish the Ladies" para destacar as mulleres na área da música tradicional irlandesa, que fora dominada polos homes até esa década.[1] Produciu un álbum para o grupo feminino co mesmo nome titulado Irish Women Musicians in America . A líder do grupo, Joanie Madden, foi unha das futuras bolseiras da National Endowment for the Arts (NEA) que contou coa orientación de Moloney.[3] Produciu e interpretou en máis de 70 álbums e serviu como asesor de numerosos festivais e concertos en toda América,[2] co etnomusicólogo e músico Daniel T. Neely que acada a cifra de 125 álbums.[3]
Moloney realizou estudos de posgrao na Universidade de Pensilvania, obtivo un máster antes de ser doutor en Filosofía, centrando a súa tese en folklore and folk life (folclore e vida folclórica) en 1992. Ensinou etnomusicoloxía e estudos irlandeses na Universidade de Penn, Georgetown e Villanova.[2] Tamén foi profesor distinguido de música e estudos irlandeses na Universidade de Nova York até a súa xubilación.[3] En recoñecemento ao seu traballo no folclore público, recibiu en 1999 a National Heritage Fellowship da NEA.[1]
Obra escrita e audiovisuais
[editar | editar a fonte]Ademais da interpretación musical, Moloney escribiu Far From the Shamrock Shore: The Story of Irish American History Through Song, publicado por Crown Publications en febreiro de 2002 cun CD suplementario en Shanachie Records.[4] Foi anfitrión de tres series sindicadas a nivel nacional que cubrían música folk na American Public Television.[5] Traballou como consultor, intérprete e entrevistado no especial de RTÉ Bringing It All Back Home, e tamén foi participante, consultor e arranxador musical de Out of Ireland, un documental de PBS. Moloney actuou no especial da PBS The Irish in America: Long Journey Home.[6]
Vida persoal e morte
[editar | editar a fonte]Casou tres veces ao longo da súa vida. O seu primeiro matrimonio foi con Miriam Murphy. O seu segundo matrimonio foi con Philomena Murray. Xuntos, tiveron un fillo. Após o seu divorcio, casou con Judy Sherman, matrimonio que tamén terminou en divorcio.[7][8] Convivía coa súa parella Sangjan Chailungka no momento da súa morte. Durante os seus últimos anos, dividiu o seu tempo entre Greenwich Village [3][2] e Bangkok, onde residiu con Chailungka. Alí, foi voluntario como musicoterapeuta e profesor para nenos abandonados con VIH no Mercy Center dos barrios pobres de Khlong Toei, fundado polo sacerdote redentorista Joseph H. Maier.[3]
No seu pasamento, o New Yok Times destacou:
Mr. Moloney was passionate about exploring the connections between Irish, African, Galician and American roots music and organized many concerts and lectures highlighting those synergies.O Sr. Moloney foi un apaixonado por explorar as conexións entre a música de raíz irlandesa, africana, galega e americana e organizou moitos concertos e conferencias destacando esas sinerxías.
[3]
Moloney morreu o 27 de xullo de 2022, na súa casa de Manhattan, despois de tocar no Maine Celtic Festival menos dunha semana antes. Tiña 77 anos; non se anunciou a causa da morte.[9]
Premios
[editar | editar a fonte]- 1999 National Heritage Fellowship [3]
- 2000 Pew Fellowships in the Arts [10]
- 2013 Presidential Distinguished Service Awards for the Irish Abroad (Premios Presidenciais ao Servizo Distinguido de 2013 para os irlandeses no estranxeiro) [11] [12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Mick Moloney". www.arts.gov (en inglés). Consultado o 2023-03-12.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Davison, Phil (29 de xullo de 2022). "Mick Moloney, champion of Irish music, dies at 77". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2023.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Schweitzer, Vivien (2022-08-01). "Mick Moloney, Musician and Champion of Irish Culture, Dies at 77". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ Moloney, Mick (2002). Far from the Shamrock Shore: The Story of Irish-American Immigration Through Song (en inglés). Crown Books. ISBN 978-0-609-60720-6.
- ↑ "If It Wasn't for the Irish and the Jews: Irish and Jewish Influences on the Music of Vaudeville and Tin Pan Alley". Library of Congress, Washington, D.C. 20540 USA. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ Byrne, James Patrick; Coleman, Philip; King, Jason Francis (2008). Ireland and the Americas: Culture, Politics, and History : a Multidisciplinary Encyclopedia (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 978-1-85109-614-5.
- ↑ "Mick Moloney obituary: Accomplished musician and folk music academic who had a huge influence in preserving and enhancing traditional music". independent (en inglés). Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "Mick Moloney obituary: Banjo player and scholar with a driving passion for traditional and folk music". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "Mick-Moloney-traditional-irish-musician-and-scholar-passes-away-at-77-death". snbc13.com.
- ↑ "2000 Grants - GRANT". The Pew Center for Arts & Heritage (en inglés). 2016-11-30. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "2013 Presidential Distinguished Service Awards - Department of Foreign Affairs". www.dfa.ie. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "Winners of Presidential awards for Irish abroad named". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2023-03-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mick Moloney |
A Galipedia ten un portal sobre: Música |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Eileen Ivers, violinista estadounidense membro de Cheries the Ladies
- Paddy Moloney, líder de The Chieftains, sen parentesco directo con Mick Moloney
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- MickMoloney.com Arquivado 26 de novembro de 2007 en Wayback Machine., sitio web oficial
- Mick Moloney na IMDb (en inglés).
- Mick Moloney en Discogs (en inglés)
- Mick Moloney en MusicBrainz (en inglés)
- "Exploring Broadway's Early Irish Period", entrevista en Fresh Air de NPR (20 de marzo de 2006)
- "Moloney: brillante mentor, tremendo amigo" de Daniel Neely (3 de agosto de 2022)