Congregación do Santísimo Redentor
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Congregación do Santísimo Redentor | |
---|---|
Instituto de vida consagrada da Igrexa Católica | |
Historia | |
Fundación | 1732 en Scala, Campania |
Fundador | Afonso María de Ligorio |
Outros datos | |
Lema | Copiosa Apud Eum Redemptio |
Siglas | C.Ss.R. |
Páxina web | www.cssr.com |
A Congregación do Santísimo Redentor é un instituto de vida consagrada católico fundada por San Afonso María de Ligorio en 1732 en Italia.
Historia
[editar | editar a fonte]O fundador
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Afonso María de Ligorio.
Membro dunha familia da aristocracia napolitana, Afonso María de Ligorio formouse en Dereito e exerceu durante varios anos de avogado. En 1723, logo de perder unha causa xudicial, decidiu abandonar a vida mundana, renunciou ao seu título da sede de Portanuova e deixou sobre o altar da igrexa de Santa María da Mercé a súa espada de cabaleiro. Pediu ser admitido na congregación do Oratorio, pero a oposición do seu pai o levou a entrar no clero secular. Durante algún tempo ensinou o catecismo na Igrexa do Santo Anxo no Selo, o que lle permitiu contactar coas capas máis humildes da poboación.
Xuntouse entón á congregación dos misioneiros da Propaganda, unha iniciativa de sacerdotes seculares dedicada á predicación de misións populares nas cidades e vilas do reino, e cos que permaneceu durante tres anos.
En 1729 Alfonso coñeceu no Colexio dos Chineses de Nápoles, onde estaba interno, ao relixioso pío operario Tommaso Falcoia, que naquel momento estaba axudando a unha comunidade de monxas de Scala que desexaban a aprobación da súa regra, preparado pola superiora Maria Celeste Crostarosa. En 1730 Falcoia enviou a de Ligorio a predicar os exercicios espirituais ás monxas de Scala, comezando así os contactos entre de Ligorio e Crostarosa.
O nacemento da congregación
[editar | editar a fonte]En 1730 a madre Crostarosa revelou a Falcoia, quen fora nomeado bispo de Castellammare di Stabia, que tivera unha visión que lle amosara que Afonso tiña a misión de organizar unha congregación de sacerdotes que predicase aos pobres das áreas rurais. Falcoia, aínda non ter certeza da autenticidade das visións de Crostarosa, tiña meditado dende anos antes iniciar unha congregación similar, polo que convocou a de Ligorio e contoulle o que lle dicira a mística.
O 9 de novembro de 1732, festa da dedicación da Basílica de Latrán, o bispo Falcoia celebrou en Scala a misa durante a cal foi iniciada a congregación: os primeiros compañeiros Alfonso eran sete sacerdotes, dous leigos, e un converso, que tomaron o nome de sacerdotes do Santo Salvador.
Os comezos do Instituto
[editar | editar a fonte]A primeira misión dos compañeiros de Afonso foi predicar para a poboación rural de Tramoti; a súa primeira casa foi a de Vila Schiavi, na diocese de Caiazzo, inaugurada en 1734. En 1736 foi fundada a segunda en Ciorani, na diocese de Salerno.
O 21 de xullo de 1740 comprometéronse a perseverar na congregación. O 6 de maio de 1743 profesaron os tres votos tradicionais, así como un cuarto de dedicación á evanxelización dos infieis e de renuncia a aspirar á dignidade eclesiástica: deste xeito, a sociedade de cregos seculares pasou a ser unha congregación relixiosa.
A aprobación papal
[editar | editar a fonte]En 1747 foi presentada á aprobación Santa Sé un libellus supplex para buscar a aprobación dos estatutos. A regra foi finalmente aprobada polo papa Bieito XIV o 25 de febreiro de 1749 co breve Ad pastoralis dignitatis fastigium.
Porén, para evitar confusión con outras institucións dedicadas ao Salvador, a congregación foi dedicada ao Santísimo Redentor. No Reino de Nápoles, onde a congregación tiña o maior número de casas, o breve de aprobación non obtivo o exequatur real, xa que o goberno estaba controlado por Bernardo Tanucci, de tendencia anticlerical, e non foi até que 1752 que os redentoristas puideron normalizar a súa presenza.
Superiores Xerais
[editar | editar a fonte]- Afonso María de Ligorio (1743 - 1 de agosto de 1787, finado)
- Francesco Antonio de Paola (1787 - marzo de 1793)
- Pietro Paolo Blasucci (12 de marzo de 1793 – 13 de xuño de 1817)
- Nicola Mansione (26 de setembro de 1817 – 13 de decembro de 1823)
- Celestino Maria Cocle (11 de xuño de 1824 – 30 de setembro de 1831)
- Giancamillo Ripoli (29 de maio de 1832 – 16 de febreiro de 1850)
- Vincenzo Trapanese (20 de xuño de 1850 – 6 de setembro de 1853)
- Nicolas Mauron (2 de maio de 1855 – 13 de xullo de 1893)
- Matthias Raus (1 de marzo de 1894 – 27 de abril de 1909)
- Patrick Murray (1 de maio de 1909 – 25 de abril de 1947)
- Leonardus Buys (30 de abril de 1947 – 27 de xuño de 1953)
- William Gaudreau (6 de febreiro de 1954 – 1967)
- Tarcísio Ariovaldo Amaral (1967 – 1973)
- Josef Georg Pfab (1973 – 1985)
- Juan Manuel Lasso de la Vega (1985 – 9 de setembro de 1997)
- Joseph William Tobin (9 de setembro de 1997 – 4 de novembro de 2009)
- Michael Brehl (4 de novembro de 2009 - actualidade)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial Arquivado 10 de agosto de 2017 en Wayback Machine.
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |