Paddy Moloney
Nome orixinal | (ga) Pádraig Ó Maoldomhnaigh |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de agosto de 1938 Dublín, Irlanda |
Morte | 12 de outubro de 2021 (83 anos) Dublín, Irlanda |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | produtor musical |
Período de actividade | 1960 - 2021 |
Membro de | |
Xénero artístico | Música irlandesa e música tradicional |
Lingua | Lingua irlandesa e lingua inglesa |
Instrumento | Gaita, Uilleann pipes e Tin whistle |
Selo discográfico | Claddagh Records |
Familia | |
Fillos | Aedin Moloney (en) |
Premios
| |
Paddy Moloney (en irlandés: Pádraig Ó Maoldomhnaigh), nado en Donnycarney (Dublín) o 1 de agosto[1] de 1938 e finado o 11 de outubro de 2021, foi un músico da República de Irlanda, líder[2] do grupo folk The Chieftains e produtor de numerosos traballos discográficos. Especialista en bodhrán e en instrumentos de vento, o tin whistle e as gaitas (moi sinaladamente a uillean pipe) foron os máis característicos da súa traxectoria. Gañador cos Chieftains de 6 premios Grammy, acadou o recoñecemento actuando ao longo do planeta (Europa, EE.UU[3]., China[4], Xapón[5]...) e tamén polas súas colaboracións con relevantes músicos e grupos de diversos estilos (Van Morrison[6], Sting, Rolling Stones, Mike Oldfield[7], Ry Cooder, Carlos Núñez[8]...) e a participación na banda sonora[9] de películas de renome.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criado preto de Dublín no seo dunha familia de tradición musical, Moloney comezou o seu camiño de virtuosismo como gaiteiro da man de Leo Rowsome[10]. Tras deixar a escola, despois de traballar nunha empresa de materiais de construción -alí coñecería[11] a súa futura esposa, Rita O´Reilly-, valeuse dos ingresos para dar pulo á súa carreira musical. Na década de 1960 ingresou en Ceoltóirí Chualann, grupo tradicional dirixido polo compositor e músico Seán Ó Riada, e dous anos máis tarde fundou The Chieftains, banda cuxo nome se inspirou en textos do poeta irlandés John Montague[12]. A fichaxe polo selo Island Records[13] supuxo a consagración internacional do conxunto irlandés, sempre co seu líder como referente[14] e comunicador durante os concertos.
En Galicia
[editar | editar a fonte]O artista dublinés relacionouse con grupos folk e colegas músicos de Galicia, especialmente Carlos Núñez, con quen xirou mundialmente[15] chegando a gravar varios traballos discográficos. Á cabeza dos Chieftains frecuentou festivais (Moaña,[16] Santiago de Compostela, Ortigueira)[17][18] e interpretou pezas emblemáticas do folclore e do repertorio nacional galego (Alborada de Veiga, Muiñeira de Chantada, Muiñeira de Freixido, Danza de Cariño...). Paddy Moloney, en representación da banda irlandesa, recibiu (2013) a Medalla Castelao[19] -ex aequo co gaiteiro vigués- como recoñecemento pola divulgación internacional da música galega e celta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Falvey, Deirdre; Burns, Sarah. "Paddy Moloney: President Higgins leads tributes to Chieftains founder". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2021-10-12.
- ↑ "The Chieftains – Official Website" (en inglés). Consultado o 2021-10-12.
- ↑ "The Chieftains’ Paddy Moloney: ‘Boston is ... my second Dublin’ - The Boston Globe". BostonGlobe.com (en inglés). Consultado o 2021-10-12.
- ↑ "The Chieftains in China: An early step in Irish-Chinese relations" (en inglés). 2021-03-15.
- ↑ Fjg (2007-11-30). "歌 Song House 家: Irish Music in Japan - History". 歌 Song House 家. Consultado o 2021-10-12.
- ↑ "Irish band the Chieftains collaborated with many stars". Irish Music Daily (en inglés). Consultado o 2021-10-12.
- ↑ "Music Street Journal - Music News & Reviews". www.musicstreetjournal.com. Consultado o 2021-10-12.
- ↑ Bianciotto, Jordi (2019-07-03). "Carlos Núñez: "Hemos tenido un trauma con la música de raíz al asociarla al franquismo"". elperiodico (en castelán). Consultado o 2021-10-12.
- ↑ "Paddy Moloney". IMDb. Consultado o 2021-10-12.
- ↑ webmaster, Arts Council (2021-12-10). "Arts Council regrets the passing of Paddy Moloney". www.artscouncil.ie. Consultado o 2021-10-12.
- ↑ "President and Tubs lead tributes as Chieftains legend Paddy Moloney dies at 83". The Irish Sun (en inglés). 2021-10-12. Consultado o 2021-10-12.
- ↑ "John Montague obituary". the Guardian (en inglés). 2016-12-27. Consultado o 2021-10-12.
- ↑ "The Chieftains Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2021-10-12.
- ↑ Tully, Jake. "Irish legends, the Chieftains, bring 50 years of music to the VPAC". Daily Sundial. Consultado o 2021-10-12.
- ↑ VIGO (2014-03-23). "La conquista americana de Carlos Núñez". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-10-12.
- ↑ "Concerto de Matto Congrio e os chieftains, Moaña 1993". Consultado o 2021-10-14.
- ↑ "A Consellería de Cultura e Educación colabora co 30.º Festival de Ortigueira, que promete “unha edición para o recordo” - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-10-12.
- ↑ "The Chieftains | Festival de Ortigueira". festivaldeortigueira.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-14.
- ↑ "Entrega de Medallas Castelao 2013 | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-10-12.