Saltar ao contido

Michèle Petit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichèle Petit
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropóloga, escritora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de París Editar o valor en Wikidata


Michèle Petit, nada en París en 1946, é unha antropóloga francesa.[1]

Traballa como investigadora da Universidade de París 1 e é membro honorario do laboratorio LADYSS (Laboratorio de dinámicas sociais e recomposición dos espazos) do Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS) en Francia.[2] O devandito laboratorio dedícase ao uso das prácticas culturais e artísticas dos espazos en crise.[3]

As súas principais liñas de investigación son a lectura e a súa función na construción ou reconstrución da identidade, así como os espazos de lectura.[4] Publicou distintas obras a partir das súas reflexións e investigacións e foi convidada a diversos seminarios e congresos en varios países, particularmente en América Latina. En 2018 é considerada unha das maiores autoridades sobre a lectura no mundo.[4]

Primeiros anos e mocidade, entre Francia e América Latina

[editar | editar a fonte]

Michèle Petit iniciouse no mundo da lectura a través de libros ilustrados, álbums, revistas e relatos de Philippe Corentin. Nas súas primeiras lecturas, Michèle aprendeu a darlle forma a temperás angustias e soños de fuga vinculados co recordo colectivo da guerra e cun temor persoal de que estalase unha nova. Máis tarde, aos seus doce anos, continuou lendo series, libros de aventuras, novelas policiais, tiras cómicas e, finalmente, descubriu os clásicos da literatura francesa.[5] As ideas xurdidas a partir destes primeiros achegamentos á literatura deron orixe a varios dos temas que traballaría e reformularía anos máis tarde nas súas reflexións acerca da experimentación subxectiva da lectura e da súa significación na vida común das persoas lectoras.[6][7]

Aos trece anos, Michèle Petit mudouse xunto cos seus pais a América Latina, especificamente a Bogotá en Colombia. Permaneceu nese país preto de tres anos, tempo no cal tivo os seus primeiros achegamentos ás grandes bibliotecas, ao teatro e á actuación.[5][8] Logo de regresar a Francia fixo algunhas viaxes polo Mediterráneo.[8] Durante os seus últimos anos de liceo refuxiouse en lecturas como Rimbaud, Eluard, Apollinaire, Camus, Prévert, Sartre, Gide e Beauvoir.[5]

Ao terminar o bacharelato, Petit, para cumprir coas expectativas dos seus pais, decidiu estudar Socioloxía na Universidade Panthéon-Sorbonne (París 1) e non unha carreira de Letras. Na súa “Autobiografía lectora” menciona que na universidade empezou a interesarse na psicanálise ao ler a Freud.[5] Así mesmo, sendo estudante viaxou a España e percorreu o Mediterráneo.

Aos 22 anos ingresou na Escola de Estudos Orientais onde estudou Grego Moderno e de aí graduouse aos 25 anos.[5] Durante esa época, ela menciona que descubriu os poemas de Elytis e Kavafis. Nese momento deu inicio ao que ela chama a súa “etapa oriental”, acrecentada polo seu amor cara ao Mediterráneo, durante a cal leu a autores como Vittorini, Lorca, Schehadé, Maiakovski, Nâzım Hikmet, Fadhma Amrouché, Seferis, Kazantzakis, Homero e Orhan Pamuk. Cos anos, a súa preferencia polo oriental ampliouse cara a autores de Europa central, como Rilke e Proust.[5]

Anos máis tarde aceptaría que todas as viaxes realizadas e as experiencias vividas ao longo delas a conduciron a se converter en antropóloga e estudar psicanálise.[8]

En 1972 empezou a traballar no Centro Nacional para a Investigación Científica, onde realizou investigacións sobre as diásporas chinesa e grega.[9] Desde 1992 elaborou estudos no ámbito da lectura. A partir do ano 2005 dedicouse a estudar a función desta en espazos con situacións críticas.[9]

Ao longo da súa carreira foi convidada a diversos eventos académicos e culturais, que na súa maioría tiveron lugar en América Latina. En 1997, regresou por primeira vez ao continente americano para dar un seminario sobre lectura en México.[10] Nesa viaxe coñeceu a Daniel Goldin, o seu editor en México, co cal publicou diversos libros.

Igualmente, Petit impartiu cursos en liña para a Universidade de Barcelona e na Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais (FLACSO) en Buenos Aires, Arxentina.[11]

Formulacións

[editar | editar a fonte]

Michèle Petit é coñecida por partir da experiencia do lector para falar da lectura. A obra de Michèle Petit está marcada polas vivencias persoais e colectivas das persoas lectoras coas que tivo contacto, pola reflexión acerca das apropiacións que xorden durante e despois de ler, e pola conciencia dos cambios ou axustes psíquicos que deveñen da lectura.[12] Para esta antropóloga, parte importante da experiencia de lectura é a posibilidade que esta brinda de dar un espazo ao pensamento imaxinativo, a memoria e a representación do futuro.[13] Petit concibe a lectura tamén como unha posibilidade de facerse consciente do tempo histórico, a partir do encontro de xeracións que se dá entre as voces que narran e os lectores.[13] De igual maneira, asegura que a lectura axuda a construír a subxectividade das persoas, ou ben a reconstruíla na adversidade e que por tanto a lectura é un dereito vital.

Michèle Petit fixo notar que ler, ademais de facer que as persoas evoquen a súa propia vida, as motiva a falar, a sentirse posuidores da palabra. Sinala que a lectura en voz alta suxírelles ás persoas lectoras que son quen de ter unha voz propia.[14] Outro punto importante do seu pensamento é que a lectura favorece as transicións entre o suxeito lector e os outros. De acordo con Petit, a apertura cara ao exterior, a creación de continuidades, o reforzamento de lazos comúns e o compartir son situacións inherentes á lectura.[15]

A partir de 1992, hai un interese especial nela por estudar os procesos de lectura a través de métodos cualitativos e por reflexionar acerca da experiencia íntima e social dos lectores cos libros. Como método nas súas investigacións, elabora diversas prácticas de campo e entrevistas a distintos tipos de lectores. Así mesmo, interesouse por coñecer as distintas funcións que cumpren as bibliotecas públicas no medio social no que se insiren.[16] Tamén suxeriu que a formación dun lector depende dos seus primeiros contactos cos libros e da observación que o neno fai dos adultos lectores.[17]

Petit rexeita o utilitarismo da lectura e propón que pode servir para moitas outras cousas ademais do coñecemento académico, á vez que tamén sinala de que o acto de ler pode exceder un mero pracer.[4]

A formación de persoas lectoras

[editar | editar a fonte]

Michèle Petit tamén se referiu nos seus traballos aos mediadores de lectura. Ela suxire que os mediadores deben acudir aos sitios onde resulta difícil acceder á cultura escrita, por exemplo en medios rurais ou barrios marxinados. Previamente, o mediador de lectura habería de lembrar a súa propia relación cos libros, xa que desta maneira poderá transmitir unha mensaxe crible no que a lectura se recoñeza máis como unha actividade que convida á liberdade, á emancipación, e non de maneira directa á obriga.[18]

Respecto das dinámicas de mediación, fixo fincapé na importancia da manipulación dos libros e no intercambio deles. De igual modo, indicou o impacto que ten a lectura en grupo, como un espazo que permite crear escenarios democráticos e inclusivos. Petit considera que a lectura compartida é un mecanismo para unir a xente e xerar transformacións a través das experiencias estéticas.[19] A antropóloga propón que a principal tarefa do mediador de lectura é apoiar á apropiación da cultura escrita e provocar oportunidades de encontros entre libros, persoas e mundos.[20]

Libros publicados

[editar | editar a fonte]
  • Identité, lecture, écriture (1993), París: Editions de la BPI/Centre Georges Pompidou.
  • Lecteurs en campagnes : les ruraux lisent-ils autrement ? (1993), París: Editions de la BPI/Centre Georges Pompidou.
  • De la bibliothèque au droit de cité : parcours de jeunes (1997), París: Editions de la BPI/Centre Georges Pompidou.
  • Nuevos acercamientos a los jóvenes y la lectura (1999), México: Fondo de Cultura Económica.
  • Lecturas: del espacio íntimo al espacio público (2001), México: Fondo de Cultura Económica.
  • Éloge de la lecture : la construction de soi (2002), París: Editions Belin.
  • Une enfance au pays des livres (2007), París: Editions Didier-Jeunesse.
  • L'art de lire ou comment résister à l'adversité (2008), París: Editions Belin.
  • El arte de la lectura en tiempos de crisis (2008), México: Océano.
  • Una infancia en el país de los libros (2008), México: Océano.
  • Dos o tres pasos hacia el mundo de lo escrito (2008), Bogotá: Asolectura.
  • Lire le monde. Expériences de transmission culturelle aujourd’hui (2014), París: Editions Belin. Traducido ao galego por Fernando Moreira como Ler o mundo na Editorial Kalandraka.[21]

Artigos e conferencias publicadas

[editar | editar a fonte]

En francés

[editar | editar a fonte]
  • "La lecture, un chemin de traverse vers la citoyenneté" en Christiane El Hayek (coord.), La lutte contre l'illettrisme en milieu rural (1997), París: La documentation française.
  • "La lecture dans des espaces en crise" en Actes du colloque international. Littérature et pratiques d'enseignement, apprentissage : difficultés et résistances, organizado por IUFM d'Aix-Marseille, do 20 ó 22 de outubro de 2005.

En castelán

[editar | editar a fonte]
  • "¿Cómo pueden contribuir las bibliotecas y la lectura a luchar contra la exclusión?", en ¿Dónde están los lectores? (1998), Salamanca: Fundación Germán Sánchez Ruipérez (traducido por Claudia Méndez), páxs.109-132.
  • "El papel de los mediadores", en Educación y bibliotecas (1999), núm.105, Madrid, páxs.3-19.
  • "Los lectores no dejan de sorprendernos", en La Mancha (2000), núm.12, Buenos Aires, páxs.4-7.
  • “Elogio del encuentro", en Memorias del 27° Congreso IBBY (2001), Bogotá: Fundalectura (traducido por Diana Luz Sánchez), páxs.79-90.
  • “¡¿"Construir" lectores?!", en Hojas de lectura (2001), núm.56, Bogotá, páxs.20-24.
  • "Pero, ¿y qué buscan nuestros niños en sus libros?", en Lectura sobre lecturas / 2 (2002), México: Consejo Nacional para la Cultura y las Artes (traducido por Diana Luz Sánchez), páxs. 9-42.
  • "La biblioteca o el jardín interior preservado", en Formación de lectores: escuela, biblioteca pública y biblioteca escolar (2002), Bogotá: Fundalectura (traducido por Diana Luz Sánchez e Ana Velasco), páxs.27-47.
  • "Por los derechos culturales de las poblaciones marginadas", en Formación de lectores: escuela, biblioteca pública y biblioteca escolar (2002), Bogotá: Fundalectura (traducido por Orlando Santamaría), páxs.302-312.
  • “La biblioteca, un espacio donde construir la propia ciudadanía", en Les biblioteques públiques: espais d'integració social (2002), Barcelona: Centro UNESCO de Catalunya, páxs.27-47.
  • “La lectura reparadora", en Espacios para la lectura (2002), núms.6-7, México, páxs.4-5.
  • "El extraño objeto que nos reúne", conferencia inaugural do Seminario internacional "Lectura: pasado, presente, futuro", Centro Universitario de Investigaciones Bibliotecológicas, Universidad Nacional Autónoma de México, México, 29 de setembro. Publicado en breve pola UNAM en Memorias del seminario (2003).
  • "Las bibliotecas, garantes de mi libertad", en Pérez Iglesias, Javier (ed.), Palabras para la biblioteca (2004), Madrid: Educación y bibliotecas / Junta de Castilla-La Mancha, páxs.177-179.
  • "Leer & liar" (conferencia inaugural) y "Lecturas y familia" (intervención en la mesa redonda), Seminario internacional "Lecturas, de lo íntimo a lo público" (15 y 16 de noviembre). México: Consejo Nacional para la Cultura y las Artes, XXIV FILIJ. Publicado en breve por CONACULTA en Lecturas sobre lecturas (2004).
  • "Una experiencia literaria compartida en un pueblo español", Seminario internacional "Lectura: pasado, presente, futuro", México: Centro Universitario de Investigaciones Bibliotecológicas, Universidad Nacional Autónoma de México, 22 de noviembre. Publicado en breve pola UNAM en Memorias del seminario (2004).
  • "Conjugar lecturas, compartir culturas", I Congreso de literatura infantil y juvenil, Universidad Internacional Menéndez Pelayo, Santander 15 de octubre. Publicado en Actas del I Congreso de literatura infantil y juvenil (2004), Zaragoza: Editorial Luis Vives, páxs.23-45.
  • "¡Una biblioteca no es solamente un hanger de libros!" en El Bibliotecario (junio de 2005), núm.48, México, páxs. 2-6.
  1. Lecturas: del espacio íntimo al espacio público. Fondo de Cultura Económica. ISBN 9789681663797. 
  2. "Michèle Petit". 
  3. "Petit, Michèle". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Historias de lecturas y lectores: los caminos de los que sí leen. Océano, CONACULTA. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Del Pato Donald a Thomas Bernhard: autobiografía de una lectora nacida en París en los años de la posguerra". Lecturas: del espacio íntimo al espacio público. Fondo de Cultura Económica. 
  6. "Lectura literaria y construcción del sí mismo". Lecturas: del espacio íntimo al espacio público. Fondo de Cultura Económica. 
  7. "La lectura reparadora". Lecturas: del espacio íntimo al espacio público. Fondo de Cultura Económica. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "¡Nunca me iré a América Latina!". Lecturas: del espacio íntimo al espacio público. Fondo de Cultura Económica. 
  9. 9,0 9,1 "Michèle Petit". Biblioteca Luis Ángel Arango, Ediciones SM, Banco de la República Bogotá. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  10. Petit, Michèle (2001). "¡Nunca me iré a América Latina!". Lecturas: del espacio íntimo al espacio público. México: Fondo de Cultura Económica. p. 12. 
  11. "Petit Michèle". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  12. "Liminar". El arte de la lectura en tiempos de crisis. Océano Travesía. 
  13. 13,0 13,1 "Saltar al otro lado". El arte de la lectura en tiempos de crisis. Océano Travesía. 
  14. "La simbolización y el relato: poderes y límites". El arte de la lectura en tiempos de crisis. Océano Travesía. 
  15. "Otras sociabilidades". El arte de la lectura en tiempos de crisis. Océano Travesía. 
  16. "Michèle Petit". VII Jornada Nacional de Bibliotecarios Escolares. 
  17. "Michèle Petit: La lectura construye a las personas, repara, pero no siempre es un placer". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  18. "Michele Petit: La lectura construye a las personas, repara, pero no siempre es un placer". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  19. Petit, Michèle (2009). "Otras sociabilidades". El arte de la lectura en tiempos de crisis. México: Océano Travesía. p. 143. 
  20. "páxs.378-379". Historias de lecturas y lectores: los caminos de los que sí leen. Océano, CONACULTA. 
  21. "Ler “para manter vivo un anaco da liberdade e do soño”". Sermos Galiza. 28 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Petit, Michèle (2001). Lecturas: del espacio íntimo al espacio público. Colección Espacios para la lectura, Tradución de Miguel Paleo, Malou Paleo, Diana Luz Sánchez, México: Fondo de Cultura Económica.
  • Petit,Michèle (2009). El arte de la lectura en tiempos de crisis. Tradución de Diana Luz Sánchez, México: Océano Travesía, 2009.
  • Petit, Michèle (2014). "El libro y la lectura van más allá del utilitarismo y del placer" en Juan Domingo Argüelles. Historias de lecturas y lectores : los caminos de los que sí leen, México: Océano, Conaculta.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]