Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego
Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego | |
---|---|
Modelo de camión Barreiros. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego |
Director | Simón Casal de Miguel |
Produtor | Continental Producciones |
Guión | José Luis Acosta |
Intérpretes | Manuel Regueiro, Christian Escuredo, Manolo Solo, Brais Varela, María Tasende, Rebeca Montero, Salvador del Río |
Música | Antonio Meliveo |
Fotografía | Iñigo Zubicaray |
Estrea | 2011 |
Duración | 99 min |
Orixe | Galicia |
Xénero | Longametraxe para televisión |
Na rede | |
Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego[1] é un telefilme producido por Continental Producciones e Salero Films, coa participación de TVG, Canal Sur, Telemadrid, Canal 9 e Euskal Telebista.
Rodado en Galicia, dirixido por Simón Casal e protagonizado por Manu Regueiro, Julio Pereira e María Tasende, contou co asesoramento e a cesión de imaxes da Fundación Eduardo Barreiros.
Céntrase na figura do que chegou a ser un dos seis empresarios máis importantes de Europa nos anos 1960 construíndo o imperio industrial de Barreiros, que comezou coa xenial idea de converter os motores de gasolina de camións e autobuses en motores diésel (de gasóleo).
Sinopse
[editar | editar a fonte]Eduardo Barreiros (Manu Regueiro) é un rapaz que vive coa súa familia nunha aldea ourensá, onde axuda ao seu pai (Salvador del Río) cobrando as viaxes da súa liña de autobuses. Pouco despois comeza a traballar nun taller mecánico e tras participar na guerra civil monta a súa propia empresa. Un día ocórreselle a idea de transformar os motores de gasolina de camións e autobuses en motores diésel (de gasóleo), o que lle da un gran pulo á súa empresa. Tras mudarse a Madrid coa súa muller (María Tasende) e o seu fillo, constrúe unha fábrica en Madrid e tenta expandir o seu negocio, loitando contra os obstáculos impostos polo seu socio comercial, Chrysler, e as propias autoridades españolas, especialmente o presidente do INI, Juan Antonio Suances (Xulio Lago).
Elenco
[editar | editar a fonte]- Manuel Regueiro como Eduardo Barreiros adulto.
- Christian Escuredo como Eduardo Barreiros novo.
- Brais Varela como Eduardo Barreiros neno.
- Tamara Canosa como Dorinda nova.
- María Tasende como Dorinda adulta.
- Rebeca Montero como nai de Eduardo.
- Salvador del Río como pai de Eduardo.
- Dani Lago como Valeriano novo.
- Julio Pereira como Valeriano adulto.
- Darío Loureiro como Graciliano neno.
- Denís Gómez como Graciliano adulto.
- Alfonso Agra como Manuel.
- Jorge Taboada como fillo de Eduardo.
- Manolo Solo como Fermín.
- Kevin Stewart como Patrick.
- John Eastham como Arthur.
- Dominic Graville como George Love.
- Vicente Montoto como avó de Eduardo.
- Federico Pérez como Ramón.
- Carlos Sante como Gregorio López-Bravo.
- Xulio Lago como Juan Antonio Suances.
- Gonzalo Rey Chao como Don Herminio.
- Iria Candal como Emilia.
- Mariana Carballal comotía de Dorinda.
- Alberto Tomé como xefe do taller.
- Diego Varela como Garrido.
Produción
[editar | editar a fonte]O filme foi rodado orixinalmente en galego, con algúns diálogos en castelán e inglés. Foi estreado na Televisión de Galicia o 23 de xaneiro de 2013.[2] Para a súa distribución fóra de Galicia, realizouse unha dobraxe ao castelán. Os exteriores rodáronse na Coruña, Ferrol, Pontedeume e Aranga.[3]
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Na 45ª edición do Festival Internacional World Fest de Houston (2012),[4] recibiu o máximo galardón, o platino, seleccionada entre títulos de todo o mundo, distinción que lle permite acceder automaticamente á selección oficial do Festival de Seúl.[5]
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor director | Simón Casal de Miguel | Nomeado |
Mellor filme para televisión | Continental Producciones, Salero Films e TVG | Gañador | |
Mellor dirección de produción | Carlos Amoedo | Nomeado | |
Mellor dirección artística | Antonio Pereira e Ángel Amaro | Nomeados | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Cristina Couto | Nomeada | |
Mellor deseño de vestiario | María Fandiño | Nomeada |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ crtvg.es, ed. (23 de xaneiro de 2013). "Televisión de Galicia estrea a tv-movie "Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego"". Consultado o 18 de novembro de 2021.
- ↑ "Televisión de Galicia estrea a tv-movie "Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego"". CRTVG. 23 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de novembro de 2021.
- ↑ "Una mini serie repasará la historia del empresario gallego Eduardo Barreiros". Faro de Vigo (en castelán). 3 de novembro de 2010. Consultado o 18 de novembro de 2021.
- ↑ 45th Wordlfest-Houston Arquivado 25 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. Palmarés do 45th Wordlfest-Houston. (en inglés)
- ↑ No Festival de Houston, o máis antigo dos que se dedican ao cine e ao vídeo independente, foron descubertas figuras do nivel de Steven Spielberg ou George Lucas, e onde hai tal grao de competitividade que a edición pasada recibiu 4.500 solicitudes procedentes de máis de 37 países.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Thomas, Hugh (2007): Barreiros, el motor de España. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-06834-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "A TV movie Eduardo Barreiros, o Henry Ford español acada o máximo galardón no festival de Houston", nova na web da CRTVG.
- "Eduardo Barreiros, el Henry Ford español comienza a cosechar éxitos", artigo en El Mundo, 27 de abril de 2012 (en castelán).
- ZoomIgualada, Festival Europeo de Cine para Televisión
- Web oficial da Fundación Barreiros
- 17º Festival Internacional de Cine de Ourense Tráiler
- Videoclips do filme