Maria Teresa de Filippis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Teresa de Filippis

(1949) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Marigliano, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xaneiro de 2016 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Scanzorosciate, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsLuigi De Filippis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

María Teresa de Filippis, nada en Nápoles o 11 de novembro de 1926[1] e finada en Scanzorosciate (Lombardía) o 8 de xaneiro de 2016, foi unha piloto de carreiras italiana. Foi a primeira muller en competir na Fórmula Un. Participou en cinco Grandes Premios do Campionato Mundial, debutou o 18 de maio de 1958, pero non anotou puntos no campionato. Aínda que tivo pouco éxito na súa carreira como piloto de Fórmula Un, gañou carreiras noutras series e é recordada como unha das pioneiras no deporte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi unha amazona afeccionada nos seus anos de adolescencia.[2] Á idade de 22 anos, de Filippis comezou a súa carreira no automobilismo. Dous dos seus irmáns dixéronlle que non era capaz de pilotar moi rápido, incitándoa a facer unha aposta de que ía ser lenta. Gañou a súa primeira carreira, pilotando un Fiat 500 nunha carreira de 10 quilómetros entre Salerno e Cava de 'Tirreni. Pasou a pilotar no campionato italiano de automóbiles deportivos, terminando segunda na tempada 1954. Ao ver o seu potencial, Maserati fichouna como piloto oficial.[2]

De Filippis participou en varios eventos de carreiras de motor, incluíndo hillclimbing e carreiras de resistencia. Antes de darlle a oportunidade de pilotar na Fórmula Un, terminou segunda nunha carreira de coches deportivos de apoio ao Gran Premio de Nápoles de 1956, pilotando un Maserati 200S.[3]

Andaina na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Maserati 250F en 1957.

Maserati lograra o éxito na Fórmula Un como fabricante de chasis na década de 1950, fornecendo a varios equipos e gañando numerosas carreiras. En 1957. Juan Manuel Fangio gañou o título de pilotos nun Maserati 250F, a súa quinta e última vitoria no campionato.[4] O equipo retirouse oficialmente do deporte a finais do ano, pero moitos dos coches quedaron, sendo pilotados por privados.[5] O 18 de maio de 1958 de Filippis tivo a oportunidade de participar no Gran Premio de Mónaco, a segunda rolda da tempada de 1958, nun dos 250Fs. Dos 31 participantes só a metade estableceron un tempo o suficientemente bo para cualificar, De Filippis quedou fóra da carreira xunto ao debutante e futuro presidente da Formula One Management e Formula One Administration Bernie Ecclestone. O tempo De Filippis de 1'50.8 foi estaba a 5,8 segundos do tempo de cualificación dos 16 máis rápidos que incluía aos futuros campións do mundo Mike Hawthorn, Jack Brabham e Graham Hill na súa primeira carreira.[6][7][8] Fangio deu a de Filippis unha chea de consellos durante a tempada. Nunha entrevista de 2006, lembrou que Fangio díxolle: "Vostede vai demasiado rápido, toma demasiados riscos".[2]

O Gran Premio de Bélxica de 1958 permitiu a todos os pilotos competir sen ningún límite de tempo de cualificación. De Filippis clasificouse no último lugar, a case 44 segundos de Tony Brooks o pole position. Malia que dobrárona dúas veces na carreira de 24 voltas amañouse para terminar, aínda que no décimo e último lugar despois de que os outros nove coches non puideran terminar.[9] Foi a única vez que rematou unha carreira.[1]

Na seguinte carreira, o Gran Premio de Francia en Reims-Gueux o 6 de xullo de 1958, de Fillipis non puido competir. Afirmou nunha entrevista de 2006 que o director da carreira francesa, dixo "O único casco que unha muller debe usar é o que está no salón de peiteado" e impediulle participar.

De Filippis tivo un mal resultado no Gran Premio de Portugal de 1958 en agosto. Cualificou no último lugar, máis de 15 segundos máis lenta que o coche diante dela, e só aguantou seis voltas antes de que o seu motor fallara. O 7 de setembro de 1958, comezou a o seu Gran Premio de casa no Autodromo Nazionale Monza desde o último lugar. Completou 57 das 70 voltas antes de ter que retirarse con problemas no motor. Como foi a 14ª retirada definitivo dos 21, podería haber clasificado oitava.[10][11]

De Filippis uniuse ao equipo Behra-Porsche RSK en 1959 pero de novo non puido cualificarse no Gran Premio de Mónaco. O seu tempo de 1'47.8 foi só tres segundos máis baixo que o de cualificación e un segundo por detrás do seu compañeiro de equipo Wolfgang von Trips.[12] Foi o seu último intento de cualificar nun Gran Premio, aínda que ela continuou en activo no automobilismo.

Retirada das carreiras[editar | editar a fonte]

1958 foi un ano tráxico na Fórmula Un coa morte de varios pilotos. O líder do equipo de Porsche Jean Behra morreu nun accidente nas carreiras o 1 de agosto de 1959 cando pilotaba na carreira de apoio para o Gran Premio de Alemaña de 1959 en AVUS.[13] De Filippis debía pilotar nese evento e quedou desolada polas mortes de varios amigos durante a súa participación no deporte, especialmente a de Behra. Deixou os circuítos e deu as costas ás carreiras de motor durante 20 anos.

De Filippis casou en 1960 e formou unha familia. Mantívose afastada de todas as formas de automobilismo ata 1979 cando se uniu ao Club Internacional de ex Pilotos de Gran Premio de F1, tomando o papel de Vicepresidenta en 1997. Tamén foi membro fundador do Maserati club, en 2004 pasaría a converterse no seu presidente.[2][11]

Legado[editar | editar a fonte]

De Filippis foi unha pioneira no automobilismo, un deporte dominado polos homes, ningunha muller volvería a correr na Fórmula Un durante os seguintes 15 anos. A súa compatriota italiana Lella Lombardi competiu entre 1974 e 1976 e segue sendo a única muller que terminou unha carreira de Fórmula Un nunha posición nos puntos. Outras catro mulleres competiron no deporte, a máis recente Giovanna Amati en 1992.[14]

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultado completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1958 Maria Teresa de Filippis Maserati 250F Maserati
6 en liña
ARX MON
NSC
NED 500 BEL
10
FRA GBR ALE ITA
Ret
MOR NC 0
Scuderia Centro Sud POR
Ret
1959 Dr Ing F Porsche KG Behra-Porsche RSK (F2) Porsche Flat-4 MON
NSC
500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA NC 0

Resultados na Fórmula Un fóra de campionato[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6
1958 Maria Teresa de Filippis Maserati 250F Maserati
6 en liña
BUE GLV SYR
5
AIN INT CAE
1959 Maria Teresa de Filippis Maserati 250F Maserati
6 en liña
BUE GLV AIN INT
Ret
OUL SIL

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Williamson, Martin. "Maria Teresa de Filippis". ESPN. Consultado o 19 November 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Eve, James (5 March 2006). "Maria Teresa De Filippis". Observer Sport Monthly. Guardian News and Media Limited. Consultado o 19 November 2011. 
  3. "XIII GRAN PREMIO NAPOLI Another Bad Day for Ferrari". Motor Sport magazine archive. xuño 1956. p. 61. Consultado o 1 xaneiro 2016. 
  4. Donaldson, Gerald. "Juan Manuel Fangio". The Official Formula 1 Website. Formula One World Championship Ltd. Consultado o 20 novembro 2011. 
  5. "Hawthorn's title in a season of tragedy". ESPN. Consultado o 20 novembro 2011. 
  6. "1958 Monaco Grand Prix". The Official Formula 1 Website. Formula One World Championship Ltd. Consultado o 20 novembro 2011. 
  7. "Monaco Grand Prix 1958 / Results". ESPN. Consultado o 20 novembro 2011. 
  8. "Graham Hill". ESPN. Consultado o 20 novembro 2011. 
  9. "Belgian Grand Prix 1958 / Results". ESPN. Consultado o 20 novembro 2011. 
  10. "Italian Grand Prix 1958 / Results". ESPN. Consultado o 21 novembro 2011. 
  11. 11,0 11,1 Resteck, Hilary; Schuster, Casey. "Maria Teresa de Filippis" (PDF). TheHenryFord.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de decembro de 2010. Consultado o 21 de novembro de 2011. 
  12. "Monaco Grand Prix 1959 / Results". ESPN. Consultado o 20 de novembro de 2011. 
  13. "Cooper powers Jack Brabham to the title". ESPN. Consultado o 20 novembro 2011. 
  14. Williamson, Martin (4 abril 2011). "Queens of speed". ESPN. Consultado o 19 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]