Marco Claudio Marcelo (cónsul 166 a. C.)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marco Claudio Marcelo
Corduba, Hispania Baetica, Córdoba, Spain (25725494905).jpg
Nacementoc. 208 a. C.
Lugar de nacementoRoma Antiga
Falecemento148 a. C.
Lugar de falecementoMar Mediterráneo
Causaafogamento
NacionalidadeRoma Antiga
OcupaciónAncient Roman politician e Ancient Roman military personnel
PaiMarco Cláudio Marcelo
Naivalor descoñecido
Cónxuxevalor descoñecido
FillosMarcus Claudius Marcellus
editar datos en Wikidata ]

Marco Claudio Marcelo (Marcus Claudius M. F. M. N. Marcellus) foi un cónsul romano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai fora cónsul no ano 196 a.C e á súa morte no 177 a.C. sucedeulle no cargo de pontífice. No ano 169 a.C era pretor en Hispania e no 166 a.C.cónsul de Roma, venceu aos galos nos Alpes, obtendo as honras do triunfo. No 155 aC volve de novo ao consulado e vence aos ligures. No 152 aC accede ao consulado pola terceira vez, xunto con Lucio Valerio Flaco, foi enviado a Hispania para substituír a Quinto Fulvio Nobilior, que fora incapaz de facer fronte á rebelión dos celtiberos.

Marcelo vai tomar diversas medidas militares que conseguen gañar os celtiberos xunto con actos de clemencia e de visión política, obtendo a rendición de Oscilis e os arévacos deciden concertar unha tregua. Ao sur aos vetóns e lusitanos sométense con Marco Atilio contralando a súa obediencia, pero axiña como deixa a zona volven a se rebelar de novo, Marcelo acode conseguindo que volvan á obediencia ocupando a cidade de Nergobriga. No inverno do 152 ao 151 aC pasou a Córdoba, que pouco antes establecera como colonia. A embaixada dos arévacos a Roma non logrou concertar a paz, xa que o senado acusou a Marcelo de indolencia e non ratificou o acordo, elixindo a Lucio Lúculo como novo cónsul para continuar a guerra; ao coñecer Marcelo a resolución finxe un ataque aos celtiberos, que se someten incondicionalmente, quizais por medio dun pacto preestablecido, que o cónsul acepta, asinando a paz de Numancia, restablecendo os antigos tratados, e así entrega a provincia ao seu sucesor totalmente pacificada.

No 148 aC mentres se dirixía como embaixador a Masinisa de Numidia, pero o seu navío naufragou, resultando morto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]