Sociedade Interuniversitaria de Filosofía
Sociedade Interuniversitaria de Filosofía | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | 1993 |
Sede | Galicia |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
A Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA),é unha sociedade filosófica creada en 1993 por un grupo de profesores de Filosofía das tres universidades galegas (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo), co fin de promover e dinamizar a Filosofía na vida social e cultural[Cómpre referencia].
Ao longo dos seus dezanove anos de vida, a SIFA ten promovido e organizado os Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago, dos cales se levan celebradas dez edicións. Co gallo destes Encontros, especialistas de España, Portugal, Italia, Francia, Alemaña, Canadá… xúntanse co fin de dialogar e intercambiar experiencias. Temas pouco habituais na Academia atopan un espazo no cal reivindicar o seu protagonismo filosófico: a vida cotiá, a fronteira, o camiño...
A SIFA contou coa colaboración do filósofo francés Paul Ricoeur (1913-2005), ocupando a súa presidencia de honra deica a súa morte e participando en Compostela, Pontevedra, Vigo e A Coruña en varios dos Encontros.
Xunta directiva da SIFA
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
- Presidente de honra: Carlos Baliñas Fernández (Universidade de Santiago de Compostela)
- Presidente: Marcelino Agís Villaverde (Universidade de Santiago de Compostela)
- Vicepresidenta 1: Luisa Portocarrero Ferreira da Silva (Universidade de Coímbra)
- Vicepresidente 2: Jesús Ríos Vicente (Universidade de Coruña)
- Vicepresidente 3: Antonio Pieretti (Università degli Studi di Perugia)
- Secretario: José Luis Pastoriza Rozas (Universidade de Santiago de Compostela)
- Tesoureiro: César Raña Dafonte (Universidade de Santiago de Compostela)
Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago
[editar | editar a fonte]Celebrados con carácter bienal desde o ano 1993, ofrecen unha oportunidade para o diálogo filosófico sobre problemáticas actuais. As actas destes Encontros atópanse publicadas[1].
- 1993, El discurso filosófico
- 1995, Hermenéutica, Símbolo y Sentido
- 1997, Pensar la vida cotidiana
- 1998, Identidad y cultura. El papel de la lengua: reflexiones desde la Filosofía
- 1999, Filosofía del Camino y el camino de la Filosofía
- 2001, Pensadores en la frontera
- 2003, Hermenéutica y responsabilidad. Homenaje a Paul Ricoeur
- 2005, Concordia y violencia: una reflexión filosófica para el mundo de hoy
- 2007, Galicia y Japón: del sol naciente al sol poniente
- 2010, Las raíces del humanismo europeo y el Camino de Santiago
- 2012, Cultura, Educación e Innovación
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sifa-filosofia.com[Ligazón morta], páxina web institucional da SIFA.