Joaquim Manuel de Macedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Joaquim Manuel de Macedo
Joaquim Manuel de Macedo 1866b.jpg
Nacemento 24 de xuño de 1820
Lugar Itaboraí, Estado do Río de Xaneiro
Falecemento 11 de abril de 1882
Lugar Río de Xaneiro
Nacionalidade Imperio do Brasil e Brasil
Ocupación médico escritor, poeta, xornalista, catedrático de universidade, escritor de ciencia ficción, novelista e político
Xéneros Novela
Coñecido/a por A Moreninha
editar datos en Wikidata ]

Joaquim Manuel de Macedo, nado en 1820 e finado en 1882, foi un médico e escritor brasileiro do período romántico do século XIX.

Biografía[editar | editar a fonte]

Joaquim Manuel de Macedo, naceu no Río de Xaneiro en 1820. En 1844 formouse en Medicina no Río de Xaneiro, e o mesmo ano estreou na literatura coa publicación daquel que viría a ser seu novela máis coñecido, "A Moreninha", que lle deu fama e fortuna inmediata. Alén de médico, Macedo foi xornalista, profesor de Xeografía e Historia do Brasil no Colexio Pedro II, e socio fundador, secretario e orador do Instituto Histórico e Xeográfico Brasileiro, desde 1845. En 1849 fundou, xuntamente con Gonçalves Días e Manuel de Araújo Porto-Alegre, a revista Guanabara, que publicou gran parte do seu poema-novela A nebulosa - considerado por críticos como un dos mellores do Romanticismo. Foi membro do Consello Director da Instrución Pública da Corte (1866).

Joaquim Manuel de Macedo abandonou a medicina e creou unha forte conexión con Don Pedro II e coa Familia Imperial Brasileira, chegando a ser preceptor e profesor dos fillos da Princesa Isabel. Era amigo íntimo e confidente dunha celebridade da Corte, Manuel José de Araújo Porto-Alegre, Cónsul do Brasil na Alemaña, de quen recibiu unha longa e histórica correspondencia pola cal o remitente se declara un espírito convicto e apaixonado polo credo que na metade do século XIX fóra codificado por Allan Kardec, na Francia.

Macedo tamén actuou decisivamente na política, tendo militado no Partido Liberal, servíndoo con lealdade e firmeza de principios, como o proban seus discursos parlamentarios, conforme relatos da época. Durante a súa militancia política foi deputado provincial (1850, 1853, 1854-59) e deputado xeral (1864-1868 e 1873-1881). Os últimos anos de vida padeceu de problemas mentais, morrendo pouco antes de completar 62 anos.