Lytta vesicatoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Lytta vesicatoria
Lytta-vesicatoria03.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Familia: Meloidae
Xénero: Lytta
Especie: L. vesicatoria
Nome binomial
Lytta vesicatoria
(Linnaeus, 1758)
Ilustración antiga.

Lytta vesicatoria, é unha especie de insecto coleóptero da familia dos meloidos, pertencente ao xénero Lytta.

Esta e outras especies similares usáronse en medicina até principios do século XX como vesicante, en preparacións dos boticarios tradicionais coñecidas como cantáride ou mosca española. Este insecto é a fonte do terpenoide cantaridina, un axente de formación de ampolas tóxico, que tamén foi utilizado antigamente como afrodisíaco.

Tamén se denominaba cantáride ao produto resultante da desecamento do insecto e á chaga que producía na pel dos doentes tratados con ela, mediante parches, por médicos españois (de aí algúns dos seus nomes vulgares).

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a etimoloxía do xénero, véxase Lytta.

O epíteto específico, vesicatoria, deriva do termo latino vēsica, 'vexiga', 'ampola', 'inchazón'.[2]

Nomes vulgares[editar | editar a fonte]

A especié é coñecida popularmente en galego cos nomes de rela e cantáride.[3]

En castelán coñécese como cantárida,[4] mosca de España e mosca española, e en inglés como Spanish fly.[5]

Características[editar | editar a fonte]

Colleitando cantárides. Gravado do século XIX.

O insecto é de cor verde esmeralda con brillo metálico, e as súas dimensións son de 12 a 22 mm de longo e de 5 a 8 mm de ancho.[6][7][8][9]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

A cantáride é unha especie distribuida principalmente no sur de Europa,[10][11] aínda que a súa área de distribución descríbese máis completamente como "en todo o sur de Europa estendéndose cara ao leste de Asia Central e Siberia",[6] e, alternativamente, como "en toda Europa e en partes do norte e o sur de Asia (excluíndo a China)".[12] Atópase localmente no sur da Gran Bretaña[13] e en Polonia.[14]

Os insectos adultos viven sobre plantas das familias das caprifoliáceas e das oleáceas: oliveiras, sabugueiros, freixos, álamos, etc., cuxas folla constitúen o seu alimento principal, aínda que ocasionalmente encóntranse en ameixeiras, cerdeiras, pexegueiros, abruñeiroe, loureiros reais, amendoeiras, roseiras, e olmos.[6][15]

Ciclo vital[editar | editar a fonte]

A defensa química da cantaridina, pola cal se coñeoce este escaravello, é producida só polos machos; as femias obtéñena dos machos durante o apareamento, xa que o espermatóforo contén algo desta subatacia. Isto puede ser un agasallo nupcial, que aumenta o valor do apareamento coa femia e, polo tanto, aumenta a capacidade reprodutiva do macho.[16]

A femia deposita os seus ovos fecundados no chan, preto do niño dunha abella solitaria que aniña na terra. As larvas son moi activas desde que saen do ovo. Soben a unha planta con flores e agardan a chegada dunha abella solitaria. Conéctanse á abella usando as tres garras das patas que dan ás primeiras larvas ínstar o seu nome, triungulinas (do latín tri, tres e ungulus, garra). A abella leva as larvas ao seu niño, onde se alimentan das larvas das abellas e dos subministros de alimentos que lles levan as abellas adultas. As larvas da cantáride son, polo tanto, e en certo modo, entre depredadoras e parasitas. As larvas ínstar mudan a larvas moi diferentes e máis tipicamente escaraboides para os dous ou máis estadios ainda restantes, nun tipo de desenvolvemento chamado hipermetarmorfose. Os adultos emerxen do niño das abellas e voan ás plantas leñosas nas que se alimentan.[6][17]

Uso médico, e outros usos[editar | editar a fonte]

Estrutura molecular da cantaridina.

O extracto de cantáride presentábase en po (obtido mediante desecamento e trituración), tintura ou aceite e emplasto. Aínda que os seus efectos eran coñecidos desde a antigüidade (o uso médico deste escaravello parte dalgunhas descricións que realizara Hipócrates), o principio activo da cantáride, o alcaloide cantaridina (C10H12O4), da que contén un 1 % aproximadamente, foi descuberto a principios do século XIX. En medicina usábase principalmente polo seu poder vesicante para o tratamento de ulceracións da pel, aplicando emplastos que supostamente axudaban a eliminar os seus líquidos perniciosos. Tamén se tratou con ela a alopecia e, por vía oral, se prescribiu como diurético e contra a incontinencia urinaria.

Á parte dos efectos vesicantes sobre a pel, a cantaridina, tomada por vía oral, afecta a mucosa gastrointestinal, onde produce epigastralxia, náuseas, vómitos e diarrea e, no urotelio, desde o ril até a vexiga, produce irritación intensa, mesmo até provocar retención urinaria e sangrado (hematuria). En pequenas doses unicamente producía molestias urinarias acompañadas de priapismo. Este efecto secundario, a erección espontánea do pene, convirteu a cantáride no afrodisíaco de referencia até o século XVII, cando caeu en desuso dado o elevado número de envelenamentos que provocaba, con consecuencias mortais, que produciron tales prácticas.
Só a mediados do século XVIII volveu a estar de moda, cando en Francia coñeceuse como os caramelos Richelieu: pastilles Richelieu.
Tamén foi usada como abortivo, como estimulante (xa que outro dos seus efectos é o de producir insomnio e unha certa axitación nerviosa), e, directamente, como veleno; en po, mesturada coa comida, podía pasar inadvertida.

Para determinar se unha morte se producira polos efectos da cantáride recorríase a unha proba de vesicación. En concreto, unha destas probas consistía en fregar parte das vísceras do falecido, disolvidas en aceite, sobre a pel afeitada dun coello; a absorción da cantaridina e a súa acción vesicante son tales que os sus efectos se apreciaban na pel do coello.

O po de cantáride é de cor marrón amarelado tirando a marrón oliva con reflexos iridiscentes, de olor desagradábel e sabor amargo; en contacto coa lingua pode apreciarse a súa acción vesicante.

Para o seu tratamento prescribíanse vomitivos e purgantes, pero nunca oleosos, dada a solubilidade da cantaridina no aceite. Polo contrario, a cantaridina é practicamente insolúbel en auga. Unha parte de cantaridina disólvese en 30 000 ou 15 000 partes de auga (fría ou fervendo, respectivamente.

A Lytta vesicatoria na literatura[editar | editar a fonte]

A literatura moderna, da man de Gabriel García Márquez, deixounos unha referencia moi descritiva da aplicación da cantáride e as súas consecuencias. Na súa novela El general en su laberinto describe os últimos momentos de Simón Bolívar; un fragmento é o seguinte:

Temiendo una congestión cerebral, lo sometió a un tratamiento de vejigatorios para evacuar el catarro acumulado en la cabeza. Este tratamiento consistía en un parche de cantárida, un insecto cáustico que al ser molido y aplicado sobre la piel producía vejigas capaces de absorber los medicamentos. El doctor Révérend le aplicó al general moribundo cinco vejigatorios en la nuca y uno en la pantorrilla. Un siglo y medio después, numerosos médicos seguían pensando que la causa inmediata de la muerte habían sido estos parches abrasivos, que provocaron un desorden urinario con micciones involuntarias, y luego dolorosas y por último ensangrentadas, hasta dejar la vejiga seca y pegada a la pelvis, como el doctor Révérend lo comprobó en la autopsia.
Gabriel García Márquez, “El general en su laberinto”. Ed. Oveja Negra, Bogotá: 1989.

Outra obra na que se cita a cantáride ou 'mosca española' é Violación de Chester Himes, un relato situado no París dos anos 1950 no que catro homes de raza afroamericana son acusados e condenados a cadea perpetua por violar e asasinar a unha muller americana de clase alta e que fora amante de un dos acusados e condenados. A muller, sábese desde o principio do relato, morre pola inxesta abusiva de cantáride.

La autopsia reveló que la Sra. Hancock había tenido contactos sexuales en cuatro ocasiones al menos durante las doce horas que precedieron a su muerte. Fue imposible determinar si aquellos contactos sexuales habían sido con la misma persona o con personas diferentes. El análisis de sangre y las muestras tomadas de los órganos vitales mostraron una dosis mortal de polvo de cantárida, poderoso afrodisíaco conocido por el nombre de «mosca española». El afrodisíaco había sido administrado por vía oral. La autopsia no permitió establecer si el afrodisíaco había sido administrado a la fuerza o ingerido voluntariamente. Igualmente fue imposible establecer si había sido absorbido antes o después de los contactos sexuales.
Chester Himes, A Case Of Rape. Tradución: Lourdes Pérez González, Ediciones Júcar, Barcelona,1986.

La mosca española é unha novela do autor valenciano Lorenzo Galiana Gallach na que se narra unha viaxe a principios do século XIX grazas á cal se establece unha nova rota para o tráfico de cantaridina.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Segundo unha crenza popular galega, as vacas que comen a rela inchan e morren.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lytta vesicatoria (Linnaeus, 1758) no ITIS.
  2. "vesico-, vesic-". English-Word Information. Consultado o 17 de febreiro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 rela, 4ª acep., no Dicionario da RAG.
  4. cantárida no DRAE.
  5. Spanish fly no Merriam Webster Dictionary.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Schlager, Neil, ed. (2004). "Coleoptera (beetles and weevils)". Grzimek's Animal Life Encyclopedia. vol. 3, Insects (2nd ed.). Farmington Hills, MI, USA: Thomson-Gale/American Zoo and Aquarium Association. p. 331. ISBN 978-0-7876-5779-6. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  7. Aggrawal, Anil, ed. (2007). "VII. Spanish Fly (Cantharides)". APC Textbook of Forensic Medicine and Toxicology. New Delhi, India: Avichal. p. 652f. ISBN 978-8-1773-9419-1. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  8. Blood, Douglas Charles; Studdert, Virginia P.; Gay, Clive C., eds. (2007). "Cantharides". Saunders Comprehensive Veterinary Dictionary (3rd ed.). Philadelphia, PA, USA: Elsevier. ISBN 978-0-7020-2788-8. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  9. Jonas, Wayne B., ed. (2005). "Cantharides". Mosby's Dictionary of Complementary and Alternative Medicine (3rd ed.). Philadelphia, PA, USA: Elsevier Saunders. ISBN 978-0323025164. Consultado o 16 de febreiro de 2019. 
  10. Cutler, H.G. (1992). "An Historical Perspective of Ancient Poisons". En Nigg, H.G; D. Seigler. Phytochemical Resources for Medicine and Agriculture. p. 3. ISBN 978-1-4899-2586-2. doi:10.1007/978-1-4899-2584-8_1. 
  11. The Eds. of Encyclopædia Britannica (2015). "Blister beetle, insect". Encyclopædia Britannica (online). Chicago, IL, USA: Encyclopædia Britannica. Consultado o 17 de febreiro de 2019. 
  12. Guala, Gerald, ed. (2015). "Geographic Information: Geographic Division". ITIS Report: Lytta vesicatoria (Linnaeus, 1758), Taxonomic Serial No.: 114404. Reston, VA, USA: U.S. Geological Survey, Integrated Taxonomic Information System (ITIS). Consultado o 20 December 2015. 
  13. "Lytta vesicatoria (Linnaeus, 1758)". UK Beetle Recording. NERC - Centre for Ecology & Hydrology. Consultado o 17 de fereiro de 2019. 
  14. "Lytta (Lytta) vesicatoria vesicatoria Linnaeus, 1758". Polish Biodiversity Information Network (Krajowa Sieć Informacji o Bioróżnorodności). Consultado o 17 de febreiro de 2019. 
  15. Neligan, J.M. & R. Macnamara (1867). Medicines, their uses and mode of administration; including a complete conspectus of the three British Pharmacopoeias, an account of all the new remedies, and an Appendix of Formulae. Fanin & Company. p. 297. 
  16. Boggs, Carol L. (1995). Leather, S. R.; Hardie, J., eds. Male Nuptial Gifts: Phenotypic Consequences and Evolutionary Implications (PDF). CRC Press. pp. 215–242. 
  17. "Illustrated lecture notes on Tropical Medicine - Ectoparasites - Beetles". Institute of Tropical Medicine Antwerp. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2017. Consultado o 17 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bhattacharjee, Pradip & Brodell, Robert T. (2003): "Cantharidin". En Robert T. Brodell and Sandra Marchese Johnson, eds. Warts: Diagnosis and Management—an Evidence-Based Approach. London: Martin Dunitz. pp. 151–160. ISBN 1-8418-4240-0.
  • Al-Dawsari, Najla A. & Masterpol, Kasia Szyfelbein (2016): "Cantharidin in Dermatology". Skinmed 14 (2): 111–114.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]