Substancia vesicante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
As substancias vesicantes poden provocar grandes e dolorosas vesículas ou ampolas aos afectados por elas.

Chámanse substancias vesicantes, axentes vesicantes, ou vexicatorios,[1] a aquelas substancias, sólidas, líquidas ou gasosas, que, en contacto coa pel, producen irritación e vexigas.

Uso do termo[editar | editar a fonte]

O seu nome débese á súa capacidade para causar queimaduras químicas graves, o que produce ampolas dolorosas no corpo dos afectados. Aínda que o termo úsase moitas veces en relación con queimaduras a gran escala causadas por derramos químicos ao a axentes de guerra química,[2] algunhas substancias naturais tales como a cantaridina (alcaloide da cantáride), tamén son axentes produtores de ampolas (vesicantes).[3] A furanocumarina, outra substancia natural, causa efectos vesicantes indirectos, por exemplo, ao aumentar enormemente a fotosensibilidade da pel.

Os vesicantes teñen tamén usos médicos, incluída a eliminación de verrugas, pero poden seren fatais de inxerirse incluso en pequenas cantidades.[3]

Accións[editar | editar a fonte]

Soldado da Primeira Guerra Mundial afectado polo gas mostaza, poderoso axente vesicante.

A súa acción pode ir desde a irritación leve da pel até a ulceración e fortes queimaduras, chegando a producir a destrución dos tecidos.

Os ollos son especialmente sensíbeis a elas. Tamén, no caso de seren inxeridas ou aspiradas, poden producir un efecto asfixiante pola súa acción vesicante na traquea e nos bronquios (as células mortas producidas por esta acción poden chegar a obstruílos).

Algunas das principais substancias vesicantes son:

Estudo destas subatancias[editar | editar a fonte]

A principios do século XX, coa eclosión das armas químicas, investigáronse especialmente estas substancias xa que as máscaras antigás non impedían os seus efectos, demostrándose moi eficaces ao non manifestarse estos inmediatamente, senón un tempo despois de estaren expostos a elas.

Situacion na actualidade[editar | editar a fonte]

Actualmente as substancias vesicantes continúan sendo un perigo potencial, xa que existen almacenadas e séguen producíendose pese ao Protocolo de Xenebra (1925), no que se prohibíu o uso de armas químicas (Xapón non o asinou, e os Estados Unidos incorporaríanse a el máis tarde, en 1947), e á creación en 1992 da Organización para a Prohibición de Armas Químicas, que promove un convenio polo que os países asinantes se comprometen a prohibilas e a destruír as existentes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]