Luís Bonaparte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís I de Holanda
Rei de Holanda
1778 Louis Napoleon.jpg
Rei de Holanda
5 de xuño de 18061 de xullo de 1810
Predecesor -
Sucesor Luís II

Nacemento 2 de setembro de 1778
Ajaccio, Córsega,
Royal Standard of the King of France.svg Francia
Falecemento 25 de xullo de 1846 (67 anos)
Livorno, Flag of the Grand Duchy of Tuscany (1840).svg Gran Ducado de Toscana
Sepultura Saint-Leu-la-Forêt, Île-de-France
Consorte Hortensia de Beauharnais
Descendencia
Casa real Casa de Bonaparte
Proxenitores Carlo Buonaparte
Maria Letizia Ramolino

Escudo de Luís Bonaparte
Luís Bonaparte, Reo de Holanda, por Charles Howard Hodges.
En Leiden, días despois da explosión dun barco que transportaba pólvora, o rei Luís inspecciona os danos, por Carel Lodewijk Hansen.

Luís Napoleón Bonaparte (en francés: Louis Napoléon Bonaparte) nado o 2 de setembro de 1778 en Ajaccio, Córsega, Francia, o 25 de xullo de 1846 e finado en Livorno, Gran Ducado de Toscana, foi un príncipe francés, irmán do emperador Napoleón Bonaparte.

A partir de 1806, e grazas á influencia do seu irmán, converteuse en Rei de Holanda co nome de Luís I de Holanda (en neerlandés: Lodewijk I).

Despois da derrota de Napoleón usou o título de Conde de Saint-Leu.

Primeiros anos de vida[editar | editar a fonte]

Luís naceu como Luigi Buonaparte en Ajaccio, Córsega, o 2 de setembro de 1778, froito do matrimonio entre Carlo Buonaparte e María Letizia Ramolino.[1] Foi o irmán menor de Xosé Bonaparte, Napoleón I de Francia, Luciano Bonaparte e Elisa Bonaparte, e o irmán maior de Paulina Bonaparte, Carolina Bonaparte e Xerónimo Bonaparte.

Ao principio da súa carreira pasou polo exército e serviu a Napoleón en Exipto. Grazas a Napoleón, foi xeneral de brigada á idade de 25 anos, A plena satisfacción do emperador Luís loitou con notábel enerxía e coraxe na primeira liña de varias batallas.[2] Porén, loitaba polo sentido do deber, pero carecía de entusiasmo e sentía unha profunda repugnancia ante a violencia dos campos de batalla, os saqueos e a devastación.[3]

Rei de Holanda[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Reino de Holanda.

Napoleón nomeouno rei de Holanda o 5 de xuño de 1806, cando transformou a República Bátava, unha República irmá da Primeira República Francesa, en monarquía. Aínda que o seu irmán maior quixo facer del pouco máis que un simple gobernador francés, Luís tomouse as súas obrigas como rei moi seriamente, chamándose a si mesmo Reo Lodewijk I (adoptando a forma holandesa para o seu nome), intentando aprender o idioma holandés e esforzándose duramente para ser un gobernante de Holanda responsábel e independente. Supostamente, cando chegou por primeira vez a Holanda, díxolle ao pobo que era o Konijn van 'Olland ("coello de 'Olland"), en vez de Koning van Holland ("Rei de Holanda"), porque o seu holandés non era perfecto. Porén, isto mostrou que estaba intentando falar o idioma e gañou o respecto dos seus súbditos.

Dúas grandes traxedias ocorreron durante o seu reinado: a explosión dun barco cheo de pólvora no corazón da cidade de Leiden en 1807, e unha importante inundación en 1809. En ambos os casos, Luís, de forma persoal e eficazmente, supervisou os esforzos locais de auxilio, o que lle axudou a gañar o nome de Luís o Bo.

O seu reinado nos Países Baixos foi de curta duración, o cal se debeu a dous factores. O primeiro foi que Napoleón buscaba reducir o valor dos empréstitos a franceses de investidores holandeses en dous terzos, o que significou un golpe económico serio. O segundo foi un feito que se converteu en pretexto para a exixencia da súa abdicación. Como Napoleón estaba preparando un exército para a campaña de Rusia, buscaba tropas de todos os territorios baixo o seu control, e dos países limítrofes aliados. Isto incluía as tropas dos Países Baixos. Luís, facendo fronte á petición de seu irmán, negouse categoricamente. Napoleón entón acusou a Luís de poñer os intereses holandeses sobre os de Francia e forzouno a abdicar o 30 de xuño de 1810.

En xullo, logo da abdicación de Luís Bonaparte e tras un breve reinado de 12 días do seu fillo Napoleón Luís Bonaparte, Napoleón incorporou os Países Baixos ao Imperio Francés estruturados en 8 departamentos. Nomeou gobernador xeral a Charles-François Lebrun, un antigo cónsul, que tería que facer fronte ao descontento provocado polo bloqueo continental.

Durante o reinado de Napoleón I, Luís Bonaparte foi nomeado Conde de Saint-Leu. En 1808 fue nomeado tamén Condestábel de Francia, un título estritamente honorífico.[4]

Anos finais[editar | editar a fonte]

Despois da morte da seu irmán maior Xosé, en 1844, Luís foi visto polos bonapartistas como o lexítimo Emperador dos franceses, a pesar de que el tomou poucas medidas para avanzar na pretensión. (O seu fillo e herdeiro, o futuro Napoleón III, por outro lado, foi neses tempos encarcerado en Francia por intentar maquinar un golpe de Estado bonapartista).

Luís morreu o 25 de xullo de 1846 en Livorno, Gran Ducado de Toscana,[1] e foi enterrado en Saint-Leu-la-Forêt, Île-de-France.

Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

Luís casou o 4 de xaneiro de 1802 con Hortensia de Beauharnais, filla do defunto xeneral Alexandre, vizconde de Beauharnais e da súa esposa Xosefina Tascher de la Pagerie.[5] Xosefina foi a primeira esposa do seu irmán Napoleón.[6] Por iso Hortensia era tamén a sobriña política de Luís.

O matrimonio foi forzado e completamente sen amor. Por regra xeral, os Bonaparte, coa excepción de Napoleón, aborrecían aos Beauharnais. Luís incluso dubidou da lexitimidade dos seus fillos con Hortensia.

Luís Napoleón Bonaparte e Hortensia de Beauharnais tiveron tres fillos:[1]

Luís foi tamén pai dun fillo ilexítimo, François de Castelvecchio (26 de abril de 1826 - 29 de maio de 1869). Naceu en Roma e morreu en Rennes.[1]

Distincións honoríficas[editar | editar a fonte]

  • Ordre de l'Union ribbon.svg Soberano Gran Mestre (e fundador) da Orde da Unión (Reino de Holanda, 24/08/1806).
  • Legion Honneur GC ribbon.svg Cabaleoro Grande Aguia da Orde da Lexión de Honor (Primeiro Imperio Francés).
  • Ordre du Saint-Esprit Chevalier ribbon.svg Soberano Gran Mestre da Real Orde das Dúas Sicilias (Reino de Nápoles).
  • Ordre de la Couronne de Fer Chevalier ribbon.svg Cabaleoro Gran Dignatario da Orde da Coroa de Ferro (Primeiro Imperio Francés).
  • Order of the Golden Fleece Rib.gif Cabaleiro da Insigne Orde do Vélaro de Ouro (Rama Española).[1]

Antepasados[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ningún

(Creación do Reino)

Grandes Armes du Royaume de Hollande (1808).svg
Rei de Holanda

1806-1810
Sucesor:
Luís II
Predecesor:
Xosé I
Grandes Armes Impériales (1804-1815)2.svg
Emperador titular dos franceses

1844-1846
Sucesor:
Napoleón III

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Louis I Bonaparte, roi d' Holande en Geneall (en francés).
  2. Jourdan, Annie (2010), p. 144.
  3. Jourdan, Annie (2010), p. 146.
  4. Testu Almanach Impérial pour l'année MDCCCX en napoleon-series.org (en francés), (en inglés).
  5. Hortense de Beauharnais en Geneall (en francés).
  6. Joséphine Tascher la Pagerie (Joséphine de Beauharnais) en Geneall (en francés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bergeon, Louis; François Furet e Reinhart Koselleck (1976): Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0219-0.
  • Jourdan, Annie, dir. (2010): Louis Bonaparte, Roi de Hollande. Paris: Nouveau Monde éditions/Fondation Napoléon. ISBN 978-2-84736-492-7.
  • Schama, S. (1977): Patriots and Liberators. Revolution in the Netherlands 1780-1813. New York: Vintage books. ISBN 0-679-72949-6.
  • Van Wie, Paul D. (1999): Image, History, and Politics: The Coinage of Modern Europe. University Press of America, Inc. ISBN 0-7618-1221-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]