Fao, Touro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°50′49.23″N 8°17′36.98″O / 42.8470083, -8.2936056

Fao
Xenerais do Ulla.jpg
Xenerais do Ulla no martes de carnaval.
ConcelloTouro
Poboación202 hab. (2012)
Entidades de poboación12

Santa Uxía de Fao é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Touro, na comarca de Arzúa, en Galiza. Segundo o IGE en 2012 tiña 202 habitantes (101 homes e 101 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 281 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Polo leste linda co río Lañas que se dirixe ao Ulla separándoo da parroquia de Santiso de Cornado; polo oeste atópase co dito río Ulla, con Ribeira e cun anaco da parroquia Loxo; ao sur está Novefontes, e Fao toca un cacho o río Ulla tamén; e ao norte encóntrase con Touro.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Muíños da Carballa.
  • Muíño de Quintas.
  • Muíño do Inferniño.
  • Muíños do Crego.
  • Muíños da Ruta.
  • Muíño dos Ferreiros.
  • Pazo de San Cristovo.
  • Lavadoiro de Manuel Mato na agra de Vilariño.
  • Hórreo do Crego.

Festas[editar | editar a fonte]

O entroido de Fao celébrase o martes de carnaval pola tarde, con máscaras e xenerais do Ulla montados a cabalo, ao igual que acontece noutros puntos limítrofes con Fao, mais que en cada lugar ten a súa particularidade.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Fao[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Fao no concello de Touro (A Coruña)

Aldrén | O Arroeiro | Bustelo | O Cascallón | A Cruz | Os Dezas | A Eirexe | Os Gagos | O Moutarón | Os Paces | Pena | Soutullo | A Torre

Parroquias de Touro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Touro

Andeade (Santiago) | Bama (San Vicenzo) | Bendaña (Santa María) | Beseño (San Cristovo) | Calvos de Socamiño (San Martiño) | Circes (Santa Mariña) | Cornado (Santiso) | Enquerentes (San Miguel) | Fao (Santa Uxía) | Fontes Rosas (San Xoán) | Foxás (San Breixo) | Loxo (Santa María) | Novefontes (Santiago) | Prevediños (Santiago) | San Fiz de Quión (San Fiz) | San Miguel de Vilar (San Miguel) | San Pedro de Ribeira (San Pedro) | Touro (San Xoán) | Turces (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]