Bama, Touro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bama
Bama.Romería do San Cidre.JPG
Romaría de San Cidre.
Concello Touro
Poboación 289 hab. (2012)
Entidades de poboación 11

San Vicenzo de Bama é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Touro na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2012 tiña 289 habitantes (150 homes e 139 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 355 habitantes.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas patronais de San Vicenzo celébranse a fin de semana máis próxima ao 22 de xaneiro. Festéxase tamén San Cidre (romaría na capela do mesmo nome a fin de semana máis próxima ao 15 de maio) e o San Ramón (primeira fin de semana de setembro).

O entroido de Bama, coñecido como As Máscaras, ten lugar o domingo de Corredor, unha semana antes do domingo de entroido. O traballo para a celebración de tan singular festa comeza polo menos un mes antes onde se reúnen todos os que queren participar e vaise configurando a parranda, os xenerais, a vellada, o frade... Pola mañanciña ten lugar a Parranda, conxunto de mozos e mozas vestidos de galegos ou disfrazados, van polas aldeas cantando, bailando e tocando.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Bama[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Bama no concello de Touro (A Coruña)

Bamela | Belvís | Campelo | Castro | Millares Grande | Sar | A Silva | Tarrío | Vilar | A Xesteira

Parroquias de Touro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Touro

Andeade (Santiago) | Bama (San Vicenzo) | Bendaña (Santa María) | Beseño (San Cristovo) | Calvos de Socamiño (San Martiño) | Circes (Santa Mariña) | Cornado (Santiso) | Enquerentes (San Miguel) | Fao (Santa Uxía) | Fontes Rosas (San Xoán) | Foxás (San Breixo) | Loxo (Santa María) | Novefontes (Santiago) | Prevediños (Santiago) | San Fiz de Quión (San Fiz) | San Miguel de Vilar (San Miguel) | San Pedro de Ribeira (San Pedro) | Touro (San Xoán) | Turces (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]