Louis Kahn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Louis Kahn
Louis Kahn.jpg
Nome completoItze-Leib Schmuilowsky
Nacemento20 de febreiro de 1901 e 1901
Lugar de nacementoKuressaare
Falecemento17 de marzo de 1974 e 1974
Lugar de falecementoPennsylvania Station e Nova York
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEstados Unidos de América, Imperio Ruso, Estados Unidos de América e Estonia
Alma máterUniversity of Pennsylvania School of Design e Universidade Yale
Ocupaciónarquitecto, profesor universitario, pintor, deseñador, mestre e filósofo
FillosNathaniel Kahn
Coñecido porMuseu de Arte Kimbell
PremiosRome Prize, Medalla de Ouro do RIBA, Medalha Frank P. Brown, Golden Plate Award, Fellow of the American Institute of Architects e Prêmio Rokach
Na rede
Find a Grave: 561 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Instituto Salk, La Jolla.

Louis Isadore Kahn, nado na illa de Saaremaa (Estonia) o 20 de febreiro de 1901 e finado en Nova York o 17 de marzo de 1974, foi un arquitecto estadounidense de orixe estonia. Traballou en Filadelfia, onde foi profesor na Universidade Yale.

Biografía[editar | editar a fonte]

Aos catro anos a súa familia emigrou aos Estados Unidos, temendo que o seu pai fose recrutado polo exército durante a guerra ruso-xaponesa. Louis Kahn criouse en Filadelfia e adquiriu a nacionalidade norteamericana o 15 de maio de 1914.

Foi educado nunha rigorosa tradición Beaux-Arts, coa súa énfase no debuxo, na Universidade de Pensilvania. Logo de graduarse en 1924, Kahn viaxou por Europa e instalouse na cidade medieval amurallada de Carcasona, en lugar de quedar nos berces do clasicismo ou do modernismo. En 1925-1926 Kahn foi deseñador xefe da Exposición do sesquicentenario. A partir de 1947 ensinou durante unha década na Universidade Yale, na que a súa influencia era enorme. Posteriormente trasladouse á Universidade de Pensilvania. Entre os seus alumnos atópanse Moshe Safdie e Robert Venturi.

Morreu dun ataque ao corazón nos servizos da estación de Pensilvania de Nova York. Acababa de regresar dunha viaxe de traballo na India.

Kahn sempre se involucrou profundamente en todos os seus traballos. Reinterpretou o estilo internacional de xeito pouco convencional, inspirándose a miúdo na arquitectura antiga. Os seus traballos reflicten o seu interese pola luz e os materiais. Isamu Noguchi referiuse a el como "un filósofo entre arquitectos".

Kahn tivo tres familias con tres mulleres diferentes: a súa esposa Esther, a súa compañeira de traballo Anne Tyng, e con Harriet Pattison. O seu fillo con esta última, Nathaniel Kahn, retratou a vida do arquitecto nun documental titulado "O meu arquitecto: a viaxe dun fillo", que foi nomeado ao Oscar en 2003. Nel participaron arquitectos de renome como B.V.Doshi, Frank Gehry, Philip Johnson, I. M. Pei, e Robert Stern, pero tamén mostra as súas complexas relacións familiares, así como as infrecuentes circunstancias da súa morte.

Non lle unía ningún parentesco co seu colega e compatriota Albert Kahn.

Obras principais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]