Ducado de Lorena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Situación do Ducado de Lorena en Francia
Armas do Ducado

O Ducado de Lorena (en francés, duché de Lorraine; en alemán, Herzogtum Lothringen) foi un ducado que, a grandes trazos, corresponde coo que modernamente sería a rexión de Lorena no nordeste de Francia, con capital en Nancy.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundado en 959 como resultado da división do reino de Lotarinxia en dous ducados separados: a Baixa Lorena e a Lorena Superior. Ambos os ducados formaban a parte occidental do Sacro Imperio Romano Xermánico.

O ducado inferior foi desmantelado pronto, mentres que a Lorena Superior pasou a ser coñecida simplemente como o ducado de Lorena.

Este ducado perdeu moitos territorios, como os Trois-Evêchés (os tres bispados: Metz, Toul e Verdún) e o condado de Bar, e foi codiciado e brevemente ocupado polos duques de Borgoña e os reis de Francia.

En 1737 o ducado pasou a Estanislao I Leszczynski, antigo rei de Polonia —perdera o seu trono como resultado da guerra de Sucesión Polaca (1733-1738)—, co acordo de que pasaría á Coroa francesa á súa morte.

Cando Estanislao faleceu o 23 de febreiro de 1766, Lorena foi anexionada a Francia e reorganizada como unha provincia desta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.