Cidade de Westminster
| Lema | «Custodi Civitatem Domine» | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Reino Unido | ||||
| País | Inglaterra | ||||
| Rexións | Londres | ||||
| Condado cerimonial | Gran Londres | ||||
| Capital | Westminster | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 255.324 (2018) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 21,487 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de abril de 1965 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | goberno do consello da cidade de Westminster | ||||
| • Presidente | Nickie Aiken (2017–2020) | ||||
| Órgano lexislativo | Pleno do consello da cidade de Westminster Circunscrición: 20, | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | NW, SW, WC e W | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 020 | ||||
| ISO 3166-2 | GB-WSM | ||||
| Código NUTS | UKI32 | ||||
| Sitio web | westminster.gov.uk | ||||

A Cidade de Westminster (en inglés City of Westminster, pronunciado [ˈwɛstmɪnstə]) é unha municipalidade (Borough) con rango de cidade (City) do Reino Unido, situada na zona central do Gran Londres, ao oeste da Cidade de Londres e ao norte do río Támese. A mediados de 2013 tiña unha poboación estimada de 226.841 habitantes.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi creada o 1 de abril de 1965, cando se estableceu a rexión do Gran Londres. Anexáronse os antigos distritos de Marylebone e Paddington, situados máis ao norte; deste xeito, a actual Cidade de Westminster cobre unha área moito máis extensa ca no pasado. Cando se creou recibiu o rango de cidade, que xa anteriormente tiña o municipio metropolitano de Westminster, de menor tamaño.
O seu escudo foi outorgado oficialmente o 2 de setembro de 1964.[2]
Monumentos e lugares de interese
[editar | editar a fonte]Westminster é mundialmente coñecida por ser sede da residencia do Primeiro Ministro, o seu Parlamento, o Palacio de Buckingham (residencia do monarca) ou a Abadía de Westminster.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Westminster population". Westminster City Council. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-23.
- ↑ "Westminster (London)". Heraldry of the World. Consultado o 2016-08-23.
