Ur-Nammu
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XX a. C. |
| Morte | 2094 a. C. |
| Emperador | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Mitoloxía sumeria |
| Actividade | |
| Ocupación | gobernante |
| Período | Ur III period (en) |
| Familia | |
| Familia | Terceira dinastia de Ur (pt) |
| Cónxuxe | Watartum |
| Fillos | Shulgi, Ennirgalanna |
Ur-Nammu foi un vicerrei do reino de Uruk que logrou independizarse e fundou a Terceira Dinastía de Ur ou Ur III[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a época da dominación dos Guti sobre Mesopotamia a cidade de Ur atopábase temporalmente subxugada á de Lagash, coa caída dos Guti ou Guteos, Utukhengal fundou o seu propio reino en Uruk, nomeando a Ur-Nammu como vicerrei ou gobernador militar de Ur, que no ano -2113 se independizou de Uruk e tres anos despois venceuno, matando a Utukhengal, e conquistando Lagash.
Ur-Nammu centralizou o novo reino na cidade de Ur, restaurou templos e canais (que se usaban tanto como rego como de transporte), é nesta época que xorde o Cigurat e UR III estabiliza a figura do monarca converténdoo nun estadista absolutista, nalgúns caso até a divinización, o que non significaba que fose considerado á altura dos deuses mesopotámicos senón como divindade tutelar ou espírito protector da cidade ou estado. A pesar disto Ur-Nammu non conquistou países estranxeiros quedándose só na Mesopotamia do sur. O seu reinado durou 17 anos e sucedeuno seu fillo Shulgi.
Consérvanse dous textos que amosan a capacidade organizativa deste rei:
- Código de Ur-Nammu: serie de leis castigando diversos delitos, pero de clase mais amable que o posterior código de Hammurabi.
- Catastro de Ur-Nammu: describe a fronteira entre varias provincias (Shidtab, Abiak, Marad e Akshak) como garantía das cidades-estado delimitando con exactitude os territorios, seguindo ás veces o curso dos ríos e canais e outras veces liñas imaxinarias entre castelos e santuarios.
Consérvase tamén un texto laudatorio protagonizado por este monarca sumerio, o chamado "viaxe de Urnammu ao inferno", onde se describe a entrada do rei defunto ao submundo (o alén sumerio é un subterráneo onde se vive unha vida semellante á anterior[2]), onde obsequia aos deuses con ofrendas. Con este himno atopamos un novo xénero literario diferente do himno adicado a un deus xa que inclúe unha oración polo soberano reinante.