Lista de adestradores gañadores da Copa de Europa e da Liga de Campións da UEFA

A Copa de Europa foi unha competición de fútbol disputada entre 1956 e 1992. O adestrador español José Villalonga levou ao Real Madrid á vitoria na primeira edición e repetiu a fazaña na tempada seguinte. Os clubs e técnicos ingleses dominaron a competición a finais da década de 1970 e principios da de 1980, gañando todos os torneos entre 1977 e 1982. A pesar diso, os adestradores italianos son os que máis títulos posúen, despois de gañar once edicións desde 1956.
A competición converteuse na Liga de Campións da UEFA en 1992,[1] e o belga Raymond Goethals, á fronte do Olympique de Marsella, conquistou o primeiro título tralo cambio de denominación.
Carlo Ancelotti é o único adestrador que gañou o torneo en catro ocasións (dous co Milan e dous co Real Madrid), e o único en disputar cinco finais. Bob Paisley e Zinedine Zidane gañaron tres veces, o primeiro deles co Liverpool e o segundo co Real Madrid. Outros 17 adestradores gañaron o título en dúas ocasións, e só cinco deles o lograron con dous clubs diferentes: Carlo Ancelotti co Milán en 2003 e 2007 e co Real Madrid en 2014 e 2022; Ernst Happel co Feyenoord en 1970 e co Hamburgo SV en 1983; Ottmar Hitzfeld co Borussia Dortmund en 1997 e co Bayern de Múnic en 2001; José Mourinho, co Porto en 2004 e co Inter de Milán en 2010; e Jupp Heynckes co Real Madrid en 1998 e co Bayern de Múnic en 2013. Sete homes gañaron o torneo tanto como xogador como como adestrador: Miguel Muñoz, Giovanni Trapattoni, Johan Cruyff, Ancelotti, Frank Rijkaard, Pep Guardiola e Zidane.[2][1]
Por ano
[editar | editar a fonte]










Adestradores con múltiples títulos
[editar | editar a fonte]| Grosa | = | Aínda en activo |
Por nacionalidade
[editar | editar a fonte]| Nacionalidade | Número de títulos |
|---|---|
| 12 | |
| 10 | |
| 10 | |
| 7 | |
| 5 | |
| 4 | |
| 4 | |
| 3 | |
| 3 | |
| 3 | |
| 2 | |
| 2 | |
| 1 | |
| 1 |
- ↑ Inclúe a Alemaña Occidental.
- ↑ Inclúe os títulos gañados por Helenio Herrera, que tamén tiña nacionalidade francesa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Historia da Liga de Campións". UEFA (en inglés). Consultado o 28 de xuño de 2022.
- ↑ "Frank Rijkaard". UEFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2008. Consultado o 28 de xuño de 2022.