Saltar ao contido

Lisa Harriton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLisa Harriton

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Sur de California
USC Thornton School of Music (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositora , teclista , cantautora , pianista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
InstrumentoUpright piano (en) Traducir, piano e voz Editar o valor em Wikidata

Páxina webelleraemusic.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3021253 Editar o valor em Wikidata

Lisa Rae Harriton, nada en Londres o 18 de novembro de 1980, é unha música inglesa. Dende 2007 toca os teclados e faille os coros á banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Harriton tamén é vocalista e compositora facendo unha mestura entre soul e pop influenciado polo jazz e a world music. Harriton comezou a súa carreira como vocalista de estudio con 8 anos de idade, facendo traballos para Disney, Integrity Media e Word Records.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai, Terry Harriton, é unha vocalista de estudio nos Ánxeles, o seu pai, Michael Harriton, é compositor e músico, e o seu irmán máis vello Steven tamén é músico. Harriton asistiu e completou estudos de piano clásico na Royal Schools of Music de Londres, e completou ademais estudos de piano de jazz na University of Southern California en maio do 2004.

Actuou en clubs de jazz na China, o Xapón, o Perú e os Estados Unidos e traballou con músicos como Ingrid Jensen e Ernie Watts. Apareceu nos American Music Awards do 2009 con Adam Lambert tocando os teclados, e tamén apareceu con Adam nos programas CBS Early Show, Late Night with David Letterman e The View.

The Smashing Pumpkins[editar | editar a fonte]

O 22 de maio do 2007, no club Le Grand Rex de París, deuse a coñecer como teclista e corista de xira da reformada The Smashing Pumpkins. Harriton aparece nos vídeos de "Tarantula" e "That's the Way (My Love Is)". O 9 de marzo do 2010 Billy Corgan, líder da banda, comezou a realizar audicións para un teclista con vistas ao seguinte traballo do grupo, Teargarden by Kaleidyscope.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]