Adore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Adore
Álbum de The Smashing Pumpkins
Publicado2 de xuño de 1998
Gravacióndecembro de 1997 - marzo de 1998
Estudio(s)Sound City en Van Nuys, California
Duración72:51
Xénero(s)rock alternativo, rock electrónico, rock gótico
Selo(s)Virgin
Producido porBilly Corgan, Brad Wood, Flood
Cronoloxía
Mellon Collie and the Infinite Sadness Adore MACHINA/The Machines of God

Adore é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Foi editado o 2 de xuño de 1998 a través do selo Virgin Records. Adore é o primeiro álbum de The Smashing Pumpkins que non conta co batería Jimmy Chamberlin.

Adore marca un evidente cambio no son da banda, amosando máis influencias electrónicas e introducindo caixas de ritmos e sintetizadores en practicamente todos os temas.

Comercialmente quedouse moi lonxe do éxito obtido polos dous discos anteriores da banda, Siamese Dream e Mellon Collie and the Infinite Sadness, vendendo unicamente 1,1 millóns de copias. Porén, recibiu boas críticas e incluso obtivo un nomeamento, á mellor actuación de música alternativa, nos premios Grammy de 1999.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas escritos por Billy Corgan.

  1. "To Sheila" – 4:40
  2. "Ava Adore" – 4:20
  3. "Perfect" – 3:23
  4. "Daphne Descends" – 4:38
  5. "Once Upon a Time" – 4:06
  6. "Tear" – 5:52
  7. "Crestfallen" – 4:09
  8. "Appels + Oranjes" – 3:34
  9. "Pug" – 4:46
  10. "The Tale of Dusty and Pistol Pete" – 4:33
  11. "Annie-Dog" – 3:36
  12. "Shame" – 6:37
  13. "Behold! The Night Mare" – 5:12
  14. "For Martha" – 8:17
  15. "Blank Page" – 4:51
  16. "17" – 0:17

A edición xaponesa ten unha canción máis, "Once in a While", que aparece no corte 16, sendo "17" a derradeira canción ocupando o lugar do mesmo nome que o tema.