Saltar ao contido

Eye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eye
The Smashing Pumpkins Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
1996 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Wikidata

"Eye" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins, editada en 1996 como parte da banda sonora da película de David Lynch Lost Highway. Xunto co tema "The End Is the Beginning Is the End" de Batman & Robin e "Christmastime" de A Very Special Christmas 3, "Eye" representou un período de traballo en recompilatorios entre as edicións dos álbums Mellon Collie and the Infinite Sadness e Adore. A canción aparece tamén no disco de grandes éxitos da banda Rotten Apples.

David Lynch encargouse xunto con Trent Reznor de escoller as cancións que aparecerían na película. Lynch rexeitou o primeiro tema que Corgan lle enviou, "Tear", que posteriormente aparecería en Adore. Corgan entón apresurouse a rematar "Eye" e Lynch decidiu usala para unha escena nun club nocturno.

A canción converteríase nun éxito inesperado para a banda acadando o número 80 da lista estadounidense Modern Rock Tracks en 1997.