Nicole Fiorentino
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de abril de 1979 Ludlow |
| Actividade | |
| Ocupación | música, baixista, cantante |
| Período de actividade | 2006 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Rock alternativo |
| Instrumento | Baixo e voz |
| Familia | |
| Cónxuxe | Meghan Toohey (2012–) |
| Sitio web | nicolefiorentino.net |
Nicole Fiorentino, nada en 1979 en Ludlow, Massachusetts, é unha baixista estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 2010 foi elixida como baixista da banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins, substituíndo a Ginger Reyes. Nicole está traballando no novo álbum da banda, Teargarden by Kaleidyscope, e tamén xirará co grupo.
Antes de unirse a The Smashing Pumpkins tocou nas bandas Radio Vago (que xirou con artistas coma Yeah Yeah Yeahs, Sleater-Kinney, The Mars Volta, The Donnas, The Breeders ou Andrew WK), Veruca Salt, Spinnerette, e as bandas locais dos Ánxeles Twilight Sleep e Light FM. Tamén ten un proxecto paralelo coa multi-instrumentista Meghan Toohey chamado The Cold and Lovely.
En febreiro do 2011 Billy Corgan posteou no seu Twitter, e tamén foi posteado no Facebook da banda, que Nicole afirma ser unha das dúas nenas da portada do Siamese Dream, pero que non o dixo antes por se non lle permitían entrar na banda[1][2].