Bonus EP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bonus EP
EP de The Smashing Pumpkins
Data de edición: 25 de febreiro do 2009
Lanzamento:
Datas de gravación: novembro - decembro do 2008
Estudio(s) de gravación:
Duración: 39:33
Xénero musical: rock alternativo
Selo discográfico: Live Smashing Pumpkins
Producido por:
Cronoloxía
American Gothic Bonus EP Teargarden by Kaleidyscope

Bonus EP é un EP en directo da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins, editado como descarga dixital o 25 de febreiro do 2009. O EP estivo dispoñible para aqueles que mercaron unha entrada de dúas noites para a xira de 20 aniversario da banda a través de Ticketmaster no 2008.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Billy Corgan.

  1. "G.L.O.W." – 3:28
  2. "Gossamer" – 16:30
  3. "That's the Way (My Love Is)" – 4:11
  4. "I Am One Part 2" – 15:24