Disarm
| Disarm | |
|---|---|
| The Smashing Pumpkins | |
|
Instancia de
| |
|
Parte de
| |
|
Xénero
| |
| Autoría | |
|
Interpretado por
| |
| Publicación | |
|
Data de publicación
| |
|
País de orixe
| |
|
Produtor/a
| |
|
Selo discográfico
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Precedido por
| |
|
Sucedido por
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata |
"Disarm" é unha canción de The Smashing Pumpkins. Foi o terceiro sinxelo e o sexto tema do seu segundo álbum, Siamese Dream. "Disarm" foi escrita por Billy Corgan e é unha das cancións máis coñecidas da banda. Corgan considéraa persoalmente a canción máis importante de Siamese Dream.
A BBC prohibiu que a canción saíse no seu programa Top of the Pops debido á letra "cut that little child", e foi moi pouco radiada no Reino Unido. Esa letra, xunto con "what I choose is my choice" e "the killer in me is the killer in you", tamén deron lugar a certa controversia, e algúns o leron coma que o aborto é asasinato. Porén, incluso coa prohibición e tempo limitado na radio, acadou o número 11 na lista de sinxelos do Reino Unido debido ás súas fortes vendas[1].
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]UK 7" vinyl single
- "Disarm" (Corgan) – 3:17
- "Siamese Dream" (Corgan) – 2:38
UK CD single 1
- "Disarm" – 3:17
- "Soothe" (Corgan)-2:35
- "Blew Away" (Iha) – 3:31
UK CD single 2
- "Disarm" – 3:17
- "Landslide" (Nicks) – 3:10
- "Dancing in the Moonlight" (Thin Lizzy) – 4:21