Zero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Zero"
sinxelo de The Smashing Pumpkins
do álbum Mellon Collie and the Infinite Sadness
Lanzamento 23 de abril de 1996
Formato {{{formato}}}
Gravada 1995
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 2:41
Discográfica Virgin Records
Produtor(es) Flood, Alan Moulder e Billy Corgan
Escritor(es) Billy Corgan
Cronoloxía
"1979" "Zero" "Tonight, Tonight"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Zero" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Foi o terceiro sinxelo do seu álbum Mellon Collie and the Infinite Sadness, publicado o 23 de abril de 1996. A portada é unha fotografía da moza de Billy Corgan nesa época, Yelena Yemchuk, que tamén dirixiu o videoclip.[1]

Caras b[editar | editar a fonte]

A diferenza da maioría dos sinxelos, "Zero" foi publicada como un EP en incluía o tema "Pastichio Medley", un popurrí de partes de cancións das sesións do Mellon Collie... que na súa meirande parte non se editaron. O popurrí dura 23 minutos e ten máis de 70 cancións.[2] O popurrí tamén ten fragmentos de temas que foron editados; O anaco da canción "Disconnected" é un riff dunha primeira versión de "The Aeroplane Flies High (Turns Left, Looks Right)" (orixinalmente cara b do sinxelo "Thirty-Three")[3] é o riff chamado "Rachel" rematou sendo o tema do álbum "X.Y.U.". Finalmente, na reedición de 2012 de Mellon Collie aparecen varios temas do "Medley" publicados como versións completas.[4]

O tema "Tribute to Johnny" é unha homenaxe instrumental ao guitarrista Johnny Winter.[5]

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Zero" – 2:39
  2. "God" – 3:09
  3. "Mouths of Babes" – 3:46
  4. "Tribute to Johnny" (Corgan/James Iha) – 2:34
  5. "Marquis in Spades" – 3:17
  6. "Pennies" – 2:28
  7. "Pastichio Medley" – 23:00

Notas[editar | editar a fonte]

  1. OVGuide (ed.). "Yelena Yemchuk Video". Consultado o 2 de xuño de 2017. 
  2. Personal.umich.edu (ed.). "Pastichio Medley". Consultado o 2 de xuño de 2017. 
  3. Guitar World (ed.). "King B's". Consultado o 2 de xuño de 2017. 
  4. Antiquiet (ed.). "Smashing Pumpkins 'Mellon Collie' Reissue Is a Fan's Dream Come True". Consultado o 2 de xuño de 2017. 
  5. Riverfront Times (ed.). "I Need a Hero: In honor of Smashing Pumpkins' twentieth anniversary, a list of Billy Corgan's top ten guitar heroes". Consultado o 2 de xuño de 2017.