"Crestfallen" é un sinxelo promocional da banda estadounidense de rock alternativoThe Smashing Pumpkins, do seu cuarto álbum Adore. Orixinalmente lanzaríase coma terceiro sinxelo do álbum, pero finalmente só apareceu coma CD promocional nos Estados Unidos. Apareceu nas radios de rock moderno, pero non entrou nas listas. A portada do sinxelo está feita pola fotógrafa Yelena Yemchuk, ao igual que a meirande parte do traballo fotográfico de Adore.