Starchildren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Starchildren
OrixeChicago, Illinois, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1990 - 1994
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)TVT Records
MembrosBilly Corgan
Jimmy Chamberlin
James Iha
D'arcy Wretzky
Kerry Brown
Mark Rew
Neil Jendon
Cliff Fox
Na rede
Musicbrainz: 1f277ce6-584d-45d7-8129-08fdc374a246 Discogs: 284759 Editar o valor em Wikidata

Starchildren foi un proxecto paralelo do líder de The Smashing Pumpkins Billy Corgan. Dende 1990 ata 1994 a banda realizou un feixe de concertos, normalmente cada un deles con distintas formacións con só Corgan como único membro constante. A banda oficialmente editou dous temas, "Delusions of Candor", unha composición de Corgan, e unha versión de "Isolation" de Joy Division.

Historia[editar | editar a fonte]

A súa primeira aparición foi en 1990 (daquela escrito coma Star Children), pero pouco se sabe da primeira encarnación da banda agás que tocou dúas veces no Cabaret Metro de Chicago con distintos membros que incluían a Corgan, Jimmy Chamberlin, Neil Jendon, Cliff Fox e Kerry Brown (os tres últimos da banda Catherine).

En 1994 a banda apareceu con máis presenza, facendo o 18 de xuño un concerto que tivo cobertura como un concerto de incógnito dos Smashing Pumpkins, a pesar de que foi unha actuación típica de Starchildren. No concerto desa noite tocáronse varios temas que posteriormente pasarían a formar parte do repertorio de The Smashing Pumpkins. Entre as cancións tocadas estaba a versión de The Cure "A Night Like This" e o tema de James Iha "The Boy", que sería posteriormente editada na caixa The Aeroplane Flies High, así coma unha primeira versión de "Here is No Why" do Mellon Collie and the Infinite Sadness.

A pesar de que Starchildren estivo sempre moi asociado á banda Catherine debido a que frecuentemente se solapaban membros das bandas, esta asociación colleu outro nivel en 1994 ao editarse o vinilo de 7" compartido Songs about Girls/Delusions of Candor. Unha cara do disco traía o tema de Catherine "Songs about Girls" mentres que na outra viña a canción de Starchildren "Delusions of Candor". Esta é a única composición orixinal da banda editada ata a data.

En 1995 a versión que o grupo fixo do tema "Isolation" de Joy Division apareceu no álbum tributo A Means to an End: The Music of Joy Division.

No mes de xaneiro do 2010 Billy Corgan anunciou os seus plans de crear un novo selo discográfico, co cal tiña pensado editar novo material de Starchildren.