Live Smashing Pumpkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Live Smashing Pumpkins é unha iniciatica conxunta da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins e o distribuidor de música Nugs.net Enterprises, para vender gravacións "masterizadas directamente na mesa de son" dos concertos de The Smashing Pumpkins da súa xira polo 20 aniversario celebrada en Norteamérica. As actuacións foron editadas individualmente en paquetes cos formatos CD, FLAC, MP3 e CD/MP3.

Edicións[editar | editar a fonte]

Data Lugar Edición
31-10-2008 Newport Music Hall, en Columbus (Ohio) 08-11-2008
01-11-2008 Playhouse Square Center, en Cleveland (Ohio) 09-11-2008
03-11-2008 Massey Hall, en Toronto (Canadá) 09-11-2008
04-11-2008 De novo no Massey Hall de Toronto 2008-11-19
06-11-2008 United Palace Theater, en Nova York 17-11-2008
07-11-2008 De novo no United Palace Theater de Nova York 19-11-2008
08-11-2008 Borgata, en Atlantic City (Nova Jersey) 20-11-2008
11-11-2008 DAR Constitution Hall, en Washington D. C. 12-11-2008
12-11-2008 De novo no DAR Constitution Hall de Washington, D. C. 25-11-2008
2008-11-14 Citi Performing Arts Center, en Boston (Massachusetts) 27-11-2008
15-11-2008 De novo no Citi Performing Arts Center de Boston 27-11-2008
18-11-2008 Chicago Theatre, en Chicago (Illinois) 02-12-2008
19-11-2008 De novo no Chicago Theatre, de Chicago 03-12-2008
21-11-2008 Auditorium Building, en Chicago 05-12-2008
24-11-2008 Midland Theatre, en Kansas City (Missouri) 06-12-2008
25-11-2008 De novo no Midland Theatre, de Kansas City 09-12-2008
26-11-2008 Fox Theatre, en St. Louis (Missouri) 10-12-2008
29-11-2008 Pearl Concert Theater, nas Vegas (Nevada) 12-12-2008
30-11-2008 RIMAC Arena, en San Diego (California) 17-12-2008
02-12-2008 Gibson Amphitheatre, en Universal City (Os Ánxeles) 13-12-2008
03-12-2008 De novo no Gibson Amphitheatre de Universal City (Os Ánxeles) 31-12-2008
05-12-2008 Ogden Theater, en Denver (Colorado) 02-01-2009
07-12-2008 Aragon Ballroom, en Chicago 2009-01-06
08-12-2008 Auditorium Building, en Chicago 07-01-2009

Houbo tamén unha actuación no Mohegan Sun Arena de Uncasville, Connecticut, pero a súa gravación estropeouse. Un paquete con toda a xira foi lanzado o 15 de xaneiro do 2009.