Mike Byrne
Mike Byrne | |
---|---|
![]() | |
Data nacemento | 6 de febreiro de 1990 (33 anos) |
Nado en | Portland, Oregón |
Ocupación | músico |
Xénero | rock alternativo, rock psicodélico |
Instrumento(s) | batería |
Relacionado con | The Smashing Pumpkins, Spirits in the Sky |
Tempo en activo | 2009 - actualidade |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Mike Byrne, nado o 6 de febreiro de 1990 en Portland, Oregon, é o batería da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cando o líder da banda Billy Corgan anunciou audicións para a substitución de Jimmy Chamberlin, Byrne, un estudante de primeiro ano da Berklee College of Music, foi elixido entre miles de solicitantes. El tocou a batería na banda tributo a Sky Saxon chamada Spirits in the Sky en seis concertos en agosto do 2009 xunto con Corgan, Kerry Brown, Kevin Dippold, Mark Tulin, Linda Strawberry, Ysanne Spevack, Mark Weitz e Dave Navarro, e tamén tocou a batería no novo traballo de The Smashing Pumpkins, Teargarden by Kaleidyscope.
Byrne medrou en Beaverton, un suburbio de Portland, Oregon, cos seus pais Eric e Chris Byrne. Comezou a tocar a batería con regularidade aos 12 anos e posteriormente tocou nas bandas locais The Mercury Tree and Moses e Smell the Roses. Durante o seu paso polo instituto Beaverton High School, no cal se graduou no 2008, traballou nun McDonald's para gañar cartos para a universidade. O 17 de agosto do 2009 foi anunciado oficialmente coma novo batería de The Smashing Pumpkins. Os Pumpkins eran xa unha das súas bandas favoritas, estando Jimmy Chamberlin entre as súas principais influencias. A súa canle de YouTube, que creou tres anos antes de unirse á banda, bautizouna como "MarquisinSpadez", unha referencia ao tema "Marquis in Spades", do EP de The Smashing Pumpkins Zero.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]